Guia docente 2010_11
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Lingüística: Introdución ao Estudo da Linguaxe e a Comunicación
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Asistencia, seguimento e participación activa nas clases teóricas. 10
Resolución de problemas e/ou exercicios Asistencia, seguimento e participación nas clases dedicadas a resolver os exercicios e os problemas propostos. Achega por parte do estudantado de respostas orais e/ou escritas aos exercicios propostos. 25%
Traballos tutelados Achega por parte do alumnado de materiais (resumos e similares) sobre as lecturas obrigatorias e opcionais antes e despois de tratar o tema na clase. 15%
Probas de resposta curta Realización de probas escritas específicas nas que o estudantado demostre que sabe recoñecer, describir e exemplificar os conceptos e termos básicos da materia. 20%
Resolución de problemas e/ou exercicios Realización de probas escritas específicas nas que o alumnado demostre a súa capacidade para resolver problemas e exercicios básicos sobre a linguaxe, as linguas e a comunicación. 30%
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Contémplanse
dúas posibilidades de avaliación: continua e única. A primeira, recomendada
para todo o alumnado, contempla as actividades que se describen na táboa anterior. O alumnado que decida non acollerse a este tipo de
avaliación fará un exame global de toda a materia.

Todo
o alumnado que non supere a materia satisfactoriamente terá unha segunda
oportunidade. Para os que opten por avaliación
continua
aplicaranse os seguintes criterios de avaliación, tendo en conta
que só será preciso completar as actividades que non acadaron un resultado
satisfactorio na primeira oportunidade:


  • Resolución de problemas e/ou
    exercicios (25%): entrega de respostas escritas aos exercicios propostos
    durante o curso. O alumnado que non superara a avaliación desta parte na
    primeira oportunidade  deberá entregar unha nova versión revisada

  • Traballos
    tutelados (15%): Aportación de materiais (resumos e similares) sobre as
    lecturas obrigatorias e opcionaiso. O alumando que non superara a
    avaliación desta parte na primeira oportunidade deberá entregar unha nova
    versión revisada

  • Probas
    de resposta curta (25%): Realización dunha proba escrita específica na que
    o alumno demostre que sabe recoñecer, describir e exemplificar os conceptos
    e términos básicos da materia

  • Resolución de problemas e/ou exercicios (35%):
    Realización dunha proba escrita específica na que o alumno demostre a súa
    capacidade de resolución de problemas e exercicios básicos sobre a
    linguaxe, as linguas e a comunicación

O
alumando que opte por avaliación única
e non superara o exame cuadrimestral terá unha segunda oportunidade no exame
final na data oficial prevista pola Facultade no mes de xullo.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000