Guia docente 2012_13
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Lingüística: Introdución ao estudo da linguaxe e a comunicación
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral O profesor explicará os contidos esenciais de cada un dos temas, aclarando os conceptos-clave da materia e orientando ós alumnos sobre cales dos contidos das lecturas relacionadas (ver Traballos tutelados) son fundamentais e cales secundarios. Para seguir as clases o alumno disporá, con cada Tema, dun Guión detallado dos contidos, así coma, no seu caso, da lectura acompañante correspondente.
Traballos tutelados Consisten en: a) as lecturas obrigatorias (incluíndo a elaboración das dúbidas sobre as mesmas) para cada un dos temas ou subtemas, dúbidas que se resolverán nas 4 titorías mínimas obrigatorias; b) os exercicios propostos para casa, e que han ser corrixidos e cualificados polo profesor.
Titoría en grupo As titorías son obrigatorias para os alumnos. Cada alumno deberá asistir un mínimo de 4 veces a titorías no despacho. Nelas resolveranse as dúbidas das lecturas correspondentes a esa fase do curso, dúbidas que o alumno deberá presentar previamente redactadas por escrito. Así mesmo, nas titorías consultarase calquera outra dúbida da materia: sobre as prácticas e as correcións das mesmas entregadas polo profesor, sobre as explicacións de clases, sobre o propio sistema de traballo, sobre os exames escritos, etc. As titorías son en grupos dun máximo de 3 persoas. Sen embargo, os alumnos que o prefiran poden asistir a titorías individualizadas.
Resolución de problemas e/ou exercicios Actividade na que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa materia. Os exercicios básicos serven para revisar os conceptos teóricos elementais e aplicalos a datos sinxelos. Os exercicios han ser resoltos en clases (previa preparación dos mesmos na casa), ou devoltos corrixidos e cualificados polo profesor (no caso daqueles exercicios específicos que se entreguen con esa finalidade).
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000