Guia docente 2011_12
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Lingüística: Introdución ao estudo da linguaxe e a comunicación
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a tomar contacto e a reunir información sobre o alumnado, así como a presentar a materia.
Sesión maxistral Exposición por parte do docente das bases teóricas e directrices sobre os contidos de cada tema do programa da materia, e discusión co grupo de estudantes. Cada alumno/a deberá complementar e desenvolver eses contidos coas lecturas específicas que se indiquen para cada tema (ver Traballos tutelados).
Seminarios Actividades enfocadas ao traballo sobre un tema específico, que permiten afondar ou complementar os contidos da materia.
Debates Charla aberta entre un grupo de estudantes. Pode centrarse nun tema dos contidos da materia, na análise dun caso, no resultado dun proxecto, exercicio ou problema desenvolvido previamente nunha sesión maxistral.
Resolución de problemas e/ou exercicios Actividade na que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa materia. Os exercicios básicos serven para revisar os conceptos teóricos elementais e aplicalos a datos sinxelos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000