Guia docente 2010_11
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Lingüística: Introdución ao Estudo da Linguaxe e a Comunicación
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Exposición por parte do docente das bases teóricas e directrices sobre os contidos de cada tema do programa da materia, e discusión co grupo de estudantes. Cada alumno/a deberá desenvolver eses contidos coas lecturas específicas que se indiquen para cada tema (ver Traballos tutelados).
Resolución de problemas e/ou exercicios Resolución de exercicios e tarefas que o/a estudante deberá preparar previamente á súa discusión na clase. Os exercicios básicos serven para revisar os conceptos teóricos elementais e aplicalos a datos sinxelos. As tarefas de investigación e os temas de discusión fomentan a reflexión sobre a linguaxe e a interpretación de datos algo máis complexos.
Traballos tutelados Lectura dos textos introdutorios que se indiquen para cada tema e subtema, e presentación dun informe individualizado dun máximo de 1000 palabras por cada lectura que pode conter un resumo e/ou unha reflexión persoal e/ou un glosario con termos definidos e exemplificados.
Prácticas autónomas a través de TIC Consulta de materiais docentes, participación en foros de discusión e realización de test de autoavaliación a través da plataforma Tem@.
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a tomar contacto e a reunir información sobre o alumnado, así como a presentar a materia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000