Resolución de problemas e/ou exercicios |
Avaliaranse como complemento das probas de resposta longa e dos estudos e actividades previos dos traballos tutelados. |
5 |
Traballos tutelados |
Equivalen a un 30% da nota. A avaliación desagregámola na nota atribuída aos estudos ou actividades previos e as autoavaliacións (1) o traballo tutelado en si (1) e a exposición na aula (1) [total: 3]. |
10 |
Sesión maxistral |
A adquisición dos contidos e destrezas adquiridos nas sesións maxistrais avalíase nas probas correspondentes. Valorarase, ademais, a asistencia ás clases (que ha de superar o 80% das horas), a atención e a participación. |
5 |
Probas de resposta longa, de desenvolvemento |
Realizaranse polo menos dúas probas en que o alumnado deba desenvolver por escrito un tema e un comentario dun texto literario. |
35 |
(1). O alumnado cualificado negativamente na avaliación continua pode someterse a nova avaliación na segunda convocatoria mediante un exame escrito. Dependendo da cualificación obtida na avaliación continua, este exame poderá substituírse pola presentación dun traballo. (2). Para o alumnado que non se somete á avaliación continua, a cualificación da primeira convocatoria basearase, a partes iguais, nun traballo escrito (proposto no inicio do cuadrimestre) e un exame (na fin do cuadrimestre). En caso de obter cualificación negativa no traballo ou no exame, será avaliado en segunda convocatoria; para a cualificación do traballo, presentándoo novamente coas modificacións suxeridas, e para o exame, someténdose a unha nova proba escrita. (3). O alumnado de Complementos de Formación cursa con esta materia seis créditos de literatura galega, que deben completarse cos de Panorama da literatura galega II. A comezo de curso pode solicitar ser avaliado segundo os criterios destinados á avaliación continua ou rexerse polos expostos en (2). |