Guia docente 2009_10
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Literatura: Panorama da Literatura Galega I
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Eventos docentes e/ou divulgativos Poderá esixírselle ao alumnado un resumo das conferencias ou eventos docentes e/ou divulgativos. 0,5
Resolución de problemas e/ou exercicios Avaliaranse como complemento das probas de resposta longa e dos estudos e actividades previos dos traballos tutelados. 0,5
Presentacións/exposicións Un terzo da nota correspondente ao traballo tutelado valora a capacidade expositiva na presentación ou exposición na aula. 1
Traballos tutelados Equivalen a un 30 % da nota. A avaliación desagregámola na nota atribuída aos estudos ou actividades previos e as autoavaliacións (1) o traballo tutelado en si (1) e a exposición na aula (1) [total: 3]. 1
Estudos/actividades previos Avaliación previa dos traballos tutelados que dan orixe ás presentacións ou exposicións na aula. 0,5
Sesión maxistral A adquisición dos contidos e destrezas adquiridos nas sesións maxistrais avalíase nas probas correspondentes. Valorarase, ademais, a asistencia ás clases (que ha de superar o 80 % das horas), a atención e a participación. 0,5
Probas de resposta curta Unha proba tipo test servirá para detectar a adquisición de competencias no relativo aos contidos e á capacidade de interpretar e analizar un texto literario. 2
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Realizaranse polo menos dúas probas en que o alumnado deba desenvolver por escrito un tema e un comentario dun texto literario. 3,5
Probas de autoavaliación Complementarias da cualificación dos traballos tutelados. 0,5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000