Guia docente 2009_10
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Filosofía: Filosofía da Ciencia e da Linguaxe
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Presentacións/exposicións Cada estudante traballará un texto clásico da materia que terá que expoñer publicamente. 3
Probas de resposta curta Probas para avaliar as competencias adquiridas que inclúen preguntas directas sobre un aspecto concreto. O alumnado debe responder de maneira directa e breve baseándose nos coñecementos que ten sobre a materia. 4
Probas prácticas, de execución. Probas de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Proba en que o alumnado debe solucionar unha serie de problemas e/ou exercicios nun tempo/condicións establecido/as polo profesor. Desta maneira, o estudantado debe aplicar os coñecementos que adquiriu.
A aplicación desta técnica pode ser presencial e non presencial, utilizando diferentes ferramentas como, por exemplo, chat, correo, foro, audioconferencia, videoconferencia etc.
3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación





Na segunda convocatoria
o alumnado demostrará mediante unha única proba conxunta, composta por unha
serie de preguntas de resposta curta e unha serie de exercicios prácticos de lóxica,
cuxo valor será do 50 % cada unha, os seus coñecementos e habilidades da
materia.


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000