Guia docente 2013_14
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Lingua: Comunicación oral e escrita: Español I
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Presentacións/exposicións Consistirá na exposición oral individual, por parte do alumnado dun tema concreto que se escollerá entre os propostos polos docentes. O obxectivo é avaliar a competencia oral, non verbal e escrita dos discentes nun contexto discursivo. 35
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Consistirá nunha proba sobre algúns dos aspectos estudados durante o curso. 35
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Consistirá na realización de exercicios, resolución de casos práticos e breves exposicións comunicativas.
30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Ao inicio do curso, as alumnas e alumnos deberán indicarlle aos docentes a forma de avaliación pola que optan, é dicir, avaliación continua (traballos de aula, presentacións, proxectos, probas, etc.) ou avaliación única (un único exame ao final do cuadrimestre).

O exame final para o alumnado de avaliación única terá lugar na penúltima semana do curso.

O alumnado que non poida asistir ás clases regularmente debe poñerse en contacto cos docentes ao inicio do curso. 

Os estudiantes Erasmus  e doutros programas de intercambio internacional (deben acreditar nivel B2 de español) poderán realizar as probas coa axuda dun dicionario.

O alumnado que non supere a materia ao final do cuadrimestre poderá presentarse á convocatoria oficial de xullo, que consistirá en todos os casos nun exame, con cuestións teóricas e prácticas. Non se gardarán as cualificacións obtidas a través das probas, actividades e traballos realizados ao longo do curso.

Tanto nas probas coma no resto dos exercicios propostos ao longo do curso penalizaranse os erros ortográficos, os erros na expresión, as incoherencias sintácticas, etc. Penalizarase tamén a copia ou o plaxio.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000