Guia docente 2012_13
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Lingua: Comunicación oral e escrita: Español I
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Presentacións/exposicións
Consistirá na exposición oral individual, por parte do alumnado dun tema lingüístico concreto que se escollerá entre os propostos polo docente. O obxectivo é avaliar a competencia oral dos discentes nun contexto formal.
25
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Consistirá nun ou varios exames que abordarán os temas estudiados durante o curso. Nesta proba terán cabida preguntas de carácter teórico e outras de carácter práctico. 50
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Consistirá na elaboración dun traballo proposto en clase no que se avaliará a competencia do alumnado no relativo ao dominio das técnicas e mecanismos de síntese e redacción dun texto. 25
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Ao inicio do curso, as alumnas e alumnos deberán indicarlle á profesora a forma de avaliación pola que optan, é dicir, avaliación continua (traballos de aula, presentacións, proxectos, probas, etc.) ou avaliación única (un único exame ao final do cuadrimestre).

O exame final para o alumnado de avaliación única terá lugar o mesmo día e hora que o último exame que fará o alumnado de avaliación continua: na clase teórica da penúltima semana do curso.

O alumnado que non poida asistir ás clases regularmente debe poñerse en contacto coa profesora ao inicio do curso. 

Os estudiantes Erasmus e doutros programas de intercambio internacional poderán realizar as probas coa axuda dun dicionario.

O alumnado que non supere a materia ao final do cuadrimestre poderá presentarse á convocatoria oficial de xullo, que consistirá en todos os casos nun exame, con cuestións teóricas e prácticas. Non se gardarán as cualificacións obtidas a través das probas, actividades e traballos realizados ao longo do curso.

Tanto nas probas coma no resto dos exercicios propostos ao longo do curso penalizaranse os erros ortográficos, os erros na expresión, as incoherencias sintácticas, etc. Penalizarase tamén a copia ou o plaxio.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000