Guia docente 2013_14
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Lingua: Comunicación oral e escrita: Español I
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias A actividade introdutoria consistirá en expoñer os obxectivos e as principais tarefas previstas para o curso. Delimitaranse tamén as principais liñas temáticas do curso.
Sesión maxistral Consiste na exposición dos contidos xerais da materia co obxectivo de comunicar coñecementos e metodoloxías de análise. As explicacións estarán ordenadas e ben estruturadas e contarán con exemplos claros que aseguren a comprensión dos contidos.
Presentacións/exposicións
Os estudantes expoñerán de forma oral as diferentes prácticas previstas no desenvolvemento do curso.
Traballos tutelados Os estudantes realizarán traballados individuais ou en grupo tutelados polos docentes do curso.
Resolución de problemas e/ou exercicios Formularanse na aula unha serie de problemas e exercicios relacionados coa materia traballada
nas clases. O obxectivo é reflexionar e relacionar teoría e práctica. Tamén constitúe unha actividade básica para reforzar os coñecementos que se van
adquirindo.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000