Guia docente 2012_13
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Lingua: Comunicación oral e escrita: Español I
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias A actividade introdutoria consistirá en expoñer os obxectivos e as principais tarefas previstas para o curso. Delimitaranse tamén as principais liñas temáticas do curso.
Sesión maxistral Actividade teórica. Consiste na exposición dos contidos xerais da materia co obxectivo de comunicar coñecementos e metodoloxías de análise. As explicacións estarán ordenadas e ben estruturadas e contarán con exemplos claros que aseguren a comprensión dos contidos.
Presentacións/exposicións Actividade práctica. As alumnas e alumnos expoñerán de forma oral, seguindo as instrucións e indicacións da profesora, un traballo preparado previamente de forma individual.
Traballos tutelados Actividade práctica. As alumnas e alumnos realizarán traballos dirixidos pola profesora, quen lles dará indicacións tanto sobre os aspectos formais como sobre os de contido.
Resolución de problemas e/ou exercicios Actividade práctica. Formularanse na aula unha serie de problemas e exercicios relacionados coa materia traballada
nas clases. O obxectivo é reflexionar e relacionar teoría e práctica. Tamén constitúe unha actividade básica para reforzar os coñecementos que se van
adquirindo.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000