Guia docente 2019_20
Facultade de Filoloxía e Tradución
Oferta de Materias Específicas de Departamentos para Alumnos ISEP, Erasmus e Visitantes
 Materias
  Lingua, sociedade e cognición
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Resolución de problemas A profesora formulará problemas prácticos relacionados coas explicacións desenvolvidas nas leccións maxistrais e o alumnado deberá buscar as solucións correctas. Unha parte desta metodoloxía realizarase en clase e outra parte de forma autónoma.
Lección maxistral Explicacións, basicamente teóricas, sobre a estrutura e contido dos temas. Levan apoio visual para facilitar o seu seguimento.
Estudo previo Tarefa individual de descrición e comentario dun texto da lingua materna, ou ben de procura e análise de fontes documentais. Será programado e supervisado pola profesora.
Actividades introdutorias Explicacións sobre o desenvolvemento da materia, como se avalía, como se contacta coa profesora, etc. Debido á diversidade do alumnado meta, prevese que estas actividades se prolonguen ou repitan tendo en conta as necesidades específicas.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000