Guia docente 2023_24
Centro Universitario da Defensa da Escola Naval Militar de Marín
Master Universitario en Dirección TIC para a defensa
 Materias
  Normativa e lexislación
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Foros de discusión Actividade desenvolvida nunha contorna virtual na que se debate sobre temas diversos e de actualidade relacionados co ámbito académico e/ou profesional. Permite avaliar as habilidades, os coñecementos e, en menor medida, as actitudes do alumno/a. Avaliarase a participación nos foros. Esta actividade de foro de discusión (F) realizarase durante a fase a distancia. 10 A7
A8
B2
B3
B5
B6
C10
D1
Presentación Exposición por parte do alumnado, de maneira individual ou en grupo, dun tema relacionado cos contidos da materia ou dos resultados dun traballo, exercicio, proxecto, etc. A través da presentación pódense avaliar coñecementos, habilidades e actitudes. Esta actividade de presentación (P) realizarase na fase a distancia. 30 A6
A7
A8
A9
A10
B2
B3
B5
B6
C10
D1
Exame de preguntas obxectivas Proba que avalía o coñecemento e que inclúe preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro ou falso, elección múltiple, emparellamento de elementos, etc.). Os alumnos/as seleccionan unha resposta de entre un número limitado de posibilidades. Prevense dúas probas obxetivas (E1 e E2) que resulten susceptibles de comprender os contidos que se especifican a continuación: E1 comprenderá os temas 1 e 2, mentras que E2 comprenderá os temas 2 a 5. Ambas probas realizaranse durante a fase presencial e tendrá unha ponderación de 30% cada unha. 60 A6
A7
A8
A10
B2
B3
B5
B6
C10
D1
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Se denominamos MED_CON á nota media de avaliación continua, que se calcula como:

MED_CON = 0.1*F + 0.3*P+ 0.3*E1 + 0.3*E2

Será necesario obter polo menos o 50% da calificación para superar a materia.

No caso de que o alumno non consiga aprobar a materia na convocatoria ordinaria, tendrá dereito a unha segunda oportunidade de avaliación (convocatoria extraordinaria) nas datas establecidas para ese efecto pola Comisión Académica de Máster. A avaliación se realizará en modalidade a distancia, e consistirá nunha única proba escrita que suporá o 100% da calificación, sendo necesario obter polo menos o 50% para superar a materia.

Non está permitido falar durante a realización da proba escrita, así como copiar ou utilizar ou facilitar a outro alumno calquera procedemento fraudulento para a realización dos exercicios encomendados. A fraude ou intento de fraude por parte do alumno no proceso de avaliación (copia ou plaxio ou facilitalo a terceiros) será penalizado outorgándolle directamente unha calificación de suspenso (0.0) na convocatoria na que se produza.

COMPROMISO ÉTICO:

Espérase que o alumnado teña un comportamento ético axeitado, comprometéndose a actuar con honestidade. En base ao artigo 42.1 do Regulamento sobre a avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudiantado da Universidade de Vigo, o emprego de procedementos fraudulentos nas probas de avaliación, así como a cooperación neles implicará a calificación de cero (suspenso) na acta da convocatoria correspondente, con independencia do valor que sobre a calificación global tivese a proba en cuestión e sen perxuicio das posibles consecuencias de índole disciplinaria que puidesen producirse .

No caso de que exista algunha diferencia entre as guías en galego/español/inglés relacionada coa avaliación prevalecerá sempre o indicado na guía docente en español.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000