Guia docente 2023_24
Centro Universitario da Defensa da Escola Naval Militar de Marín
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Resultados de Formación e Aprendizaxe


Sinale A Código Resultados de Formación e Aprendizaxe
  A1 Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
  A2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
  A3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
  A4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado coma non especializado.
  A5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Sinale B Código Coñecementos
  B1 Capacidade para a redacción, sinatura e desenvolvemento de proxectos no ámbito da enxeñaría industrial, que teñan por obxecto, dentro do campo da Enxeñería Mecánica, a construción, reforma, reparación, conservación, demolición, fabricación, instalación, montaxe ou explotación de: estruturas, equipos mecánicos, instalacións enerxéticas, instalacións eléctricas e electrónicas, instalacións e plantas industriais, e procesos de fabricación e automatización.
  B2 Capacidade para a dirección das actividades obxecto dos proxectos de enxeñaría descritos na competencia B1.
  B3 Coñecemento en materias básicas e tecnolóxicas que os capacite para a aprendizaxe de novos métodos e teorías, e os dote de versatilidade para adaptarse a novas situacións.
  B4 Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razoamento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas no campo da Enxeñaría Industrial na especialidade de Mecánica.
  B5 Coñecementos para a realización de medicións, cálculos, valoracións, taxacións, peritaxes, estudos, informes, planes de labores e outros traballos análogos.
  B6 Capacidade para o manexo de especificacións, regulamentos e normas de obrigado cumprimento.
  B7 Capacidade de analizar e valorar o impacto social e ambiental das solucións técnicas.
  B8 Capacidade para aplicar os principios e métodos da calidade.
  B9 Capacidade de organización e planificación no ámbito da empresa, e outras institucións e organizacións.
  B10 Capacidade de traballar nun medio multilingüe e multidisciplinar.
  B11 Coñecemento, comprensión e capacidade para aplicar a lexislación necesaria no exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico Industrial.
  B12 Exercicio orixinal a realizar individualmente e presentar e defender ante un tribunal universitario, consistente nun proxecto no ámbito das tecnoloxías específicas da Enxeñería Industrial no campo da especialidade Mecánica de natureza profesional no que se sinteticen e integren as competencias adquiridas nos ensinos.
Sinale C Código Habilidades
  C1 Capacidade para a resolución dos problemas matemáticos que poidan presentarse na enxeñaría. Aptitude para aplicar os coñecementos sobre: álxebra lineal; xeometría; xeometría diferencial; cálculo diferencial e integral; ecuacións diferenciais e en derivadas parciais; métodos numéricos; algorítmica numérica; estatística e optimización.
  C2 Comprensión e dominio dos conceptos básicos sobre as leis xerais da mecánica, termodinámica, campos e ondas e electromagnetismo, e a súa aplicación para a resolución de problemas propios da enxeñaría.
  C3 Coñecementos básicos sobre o uso e programación dos ordenadores, sistemas operativos, bases de datos e programas informáticos con aplicación en enxeñaría.
  C4 Capacidade para comprender e aplicar os principios de coñecementos básicos da química xeral, química orgánica e inorgánica, e as súas aplicacións na enxeñaría.
  C5 Capacidade de visión espacial e coñecemento das técnicas de representación gráfica, tanto por métodos tradicionais de xeometría métrica e xeometría descritiva, como mediante as aplicacións de deseño asistido por ordenador.
  C6 Coñecemento adecuado do concepto de empresa, marco institucional e xurídico da empresa. Organización e xestión de empresas.
  C7 Coñecementos de termodinámica aplicada e transmisión de calor. Principios básicos e a súa aplicación á resolución de problemas de enxeñaría.
  C8 Coñecementos dos principios básicos da mecánica de fluídos e a súa aplicación á resolución de problemas no campo da enxeñaría. Cálculo de tubaxes, canais e sistemas de fluídos.
  C9 Coñecementos dos fundamentos de ciencia, tecnoloxía e química de materiais. Comprender a relación entre a microestrutura, a síntese, o procesado e as propiedades dos materiais.
  C10 Coñecemento e utilización dos principios de teoría de circuítos e máquinas eléctricas.
  C11 Coñecementos dos fundamentos da electrónica.
  C12 Coñecementos sobre os fundamentos de automatismos e métodos de control.
  C13 Coñecemento dos principios de teoría de máquinas e mecanismos.
  C14 Coñecemento e utilización dos principios da resistencia de materiais.
  C15 Coñecementos básicos dos sistemas de produción e fabricación.
  C16 Coñecementos básicos e aplicación de tecnoloxías ambientais e sustentabilidade.
  C17 Coñecementos aplicados de organización de empresas.
  C18 Coñecementos e capacidades para organizar e xestionar proxectos. Coñecer a estrutura organizativa e as funcións dunha oficina de proxectos.
  C19 Coñecementos e capacidades para aplicar as técnicas de enxeñaría gráfica.
  C20 Coñecementos e capacidades para o cálculo, deseño e ensaio de máquinas.
  C21 Coñecementos aplicados de enxeñaría térmica.
  C22 Coñecementos e capacidades para aplicar os fundamentos da elasticidade e resistencia de materiais ao comportamento de sólidos reais.
  C23 Coñecementos e capacidade para o cálculo e deseño de estruturas e construcións industriais.
  C24 Coñecemento aplicado dos fundamentos dos sistemas e máquinas fluidomecánicas.
  C25 Coñecementos e capacidades para a aplicación da enxeñaría de materiais.
  C26 Coñecemento aplicado de sistemas e procesos de fabricación, metroloxía e control da calidade.
  C27 CITN1 Adquirir a capacidade para comprender os mecanismos de propagación das ondas electromagnéticas e a correspondente organización do espazo radioeléctrico.
  C28 CITN2 Coñecer o mecanismo de funcionamento das antenas e os seus diferentes tipos.
  C29 CITN3 Adquirir a capacidade para a selección de equipos, medios e sistemas de transmisión.
  C30 CITN5/OPT1 Coñecer os principios que rexen o funcionamento dos sistemas de comunicacións e sensores navais.
  C31 CITN6/OPT2 Adquirir a capacidade para comprender os conceptos de arquitectura de rede, protocolos e interfaces de comunicacións.
  C32 CITN7/OPT3 Adquirir a capacidade de diferenciar os conceptos de redes de acceso e transporte, redes de conmutación de circuítos e de paquetes, así como coñecemento dos métodos de interconexión de redes e encamiñamento.
  C33 CITN8/OPT4 Coñecer e utilizar correctamente os sistemas de información.
  C34 CITN4 Potenciar mediante a expresión oral e escrita en castelán e inglés a capacidade de comunicación para facilitar a transmisión e comprensión de ordes, ideas e conceptos.
  C35 CITN9/OPT5 Coñecemento aplicado dos sistemas de enerxía e propulsión naval.
  C36 CITN10/OPT6 Coñecemento dos equipos e sistemas auxiliares navais.
  C37 CITN11/OPT7 Coñecemento aplicado dos sistemas eléctricos navais.
  C38 CITN12/OPT8 Coñecer a nomenclatura, os principios elementais dos procedementos da construción e explotación dos buques, os fundamentos básicos da flotabilidade e estabilidade, os materiais para a súa construción e a estrutura.
  C39 CITN13/OPT9 Adquirir a capacidade de efectuar cálculos de flotabilidade e estabilidade.
  C40 CITN14/OPT10 Aplicar os principios de control de avarías para reducir os riscos do persoal e material, e para toma de decisións ante emerxencias a bordo.
  C41 CITN15/OPT11 Desenvolver os coñecementos da dinámica vehicular
  C42 CITN16/OPT12 Acadar o nivel de coñecementos topográficos necesarios para trazar e seguir rutas sobre terreo descoñecido.
  C43 CITN17/OPT13 Acadar coñecementos de topografía e as suás aplicacións á representación do terreo e ás obras.
Sinale D Código Competencias
  D1 Análise e síntese.
  D2 Resolución de problemas.
  D3 Comunicación oral e escrita de coñecementos.
  D4 Comunicación oral e escrita de coñecementos en lingua estranxeira.
  D5 Xestión da información.
  D6 Aplicación da informática no ámbito de estudo.
  D7 Capacidade para organizar e planificar.
  D8 Toma de decisións.
  D9 Aplicar coñecementos.
  D10 Aprendizaxe e traballo autónomos.
  D11 Capacidad para comprender o significado e aplicación da perspectiva de xénero nos distintos ámbitos de coñecemento e na práctica profesional co obxectivo de acadar unha sociedade máis xusta e igualitaria.
  D12 Habilidades de investigación.
  D13 Capacidade para comunicarse oralmente e por escrito en lingua galega.
  D14 Creatividade.
  D15 Obxectivación, identificación e organización.
  D16 Razoamento crítico.
  D17 Traballo en equipo.
  D18 Traballo nun contexto internacional.
  D19 Sostenibilidade e compromiso ambiental. Uso equitativo, responsable e eficiente dos recursos.
  D20 Capacidade para comunicarse con persoas non expertas na materia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000