Prácticas con apoio das TIC |
A avaliación da parte práctica (NP) realizarase a partir as memorias ou cuestionarios correspondentes a cada unha delas (un total de 4-5), cun valor total de 10 puntos. |
15 |
|
B3 B4
|
|
D1 D2 D3 D5 D8 D9 D10 D16 D17 D20
|
A nota final de avaliación continua (NEC) calcularase do seguinte modo:
NEC = 0,15·P1 + 0,15·P2+ 0,15·TI + 0,15·NP + 0,4·PF
O alumno deberá presentarse ao exame ordinario de todos os contidos da materia, que suporá o 100% da nota, nos seguintes supostos:
• A nota final de avaliación continua (NEC) é menor de 5.
• A non entrega do traballo de investigación.
• A non realización ou entrega da memoria de prácticas, salvo que sexa eximido por causa xustificada.
• Obter unha nota inferior a 4 puntos sobre 10 no exame final de avaliación continua.
• Obter unha nota media dos controis teórico-prácticos inferior ao 4.
A nota de avaliación continua en caso de non cumprir algúns do catro últimos requisitos anteriores será obtida mediante a expresión:
NECS = min (4, NEC)
En calquera caso, o alumno que superase a avaliación continua, terá a posibilidade de presentarse ao exame ordinario para subir nota.
No caso de que o alumno sexa descuberto realizando calquera acción que posibilite a copia nalgún dos seus exames, ou ben en posesión de material non permitido durante a realización dalgunha das probas, ou cuxo traballo de investigación incorrese en plaxio, será cualificado cun cero na convocatoria en curso.
|