Guia docente 2023_24
Centro Universitario da Defensa da Escola Naval Militar de Marín
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Sensores navais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios
Exame parcial:

- Peso total: 30% de NEC.
- Proba única, de entre 1 hora e 1 hora e media de duración.
- Realización individual.
- Puntúase sobre 10 puntos.
- Pode ter a forma de cuestionario tipo test, cuestionario de respostas curtas, resolución de problemas ou algunha combinación das anteriores.
- Non hai nota mínima.
30 B3
C30
D1
D2
D5
D8
D9
D10
D16
Resolución de problemas e/ou exercicios
Exame final:

- Peso total: 40% de NEC.
- Proba única, de 2 a 3 horas de duración, a realizar nas datas de avaliación.
- Realización individual.
- Puntúa sobre 10 puntos.
- Pode ter a forma de cuestionario tipo test, cuestionario de respostas curtas, resolución de problemas ou algunha combinación das anteriores.
- Esíxese unha nota mínima de 4.0 puntos sobre 10 para superar a materia.
40 B3
C30
D1
D2
D5
D8
D9
D10
D16
Exame de preguntas obxectivas
Avaliación das prácticas:

- Peso total: 20% de NEC.
- Dúas probas dun 10%, que avalían os contidos adquiridos en prácticas.
- Realización individual.
- De 10 a 20 minutos de duración, durante a realización de dúas prácticas.
- Cada unha delas puntúa sobre 10 puntos.
- Poden ter a forma de cuestionario tipo test, cuestionario de respostas curtas, resolución de problemas ou algunha combinación das anteriores.
- Esíxese unha nota mínima de 4.0 puntos sobre 10 no total do 20% destinado a avaliar as prácticas.
20 C30
D1
D2
D5
D8
D9
D16
Traballo
Traballo multimedia (vídeo):

- Peso total: 10% de NEC.
- Gravación dun vídeo sobre un experimento realizado polo alumno e relacionado coa materia impartida na materia.
- Máximo 3 minutos de duración.
•- Individual ou en grupos de dous alumnos.
- Puntúase sobre 10 puntos.
10 B3
C30
D1
D2
D9
D10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Exame ordinario

O peso na nota final do exame ordinario (NEO) das distintas partes distribúese da seguinte forma:

  • Coñecementos de teoría (T): 80%
  • Prácticas (L): 20%

Onde:

Exame ordinario teórico (T) (80%):

  • Avaliación dos coñecementos teóricos adquiridos aolongo da materia.
  • Exame de 2 a 3 horas de duración, a realizar nas datasde avaliación.
  • Se puntúa sobre 10 puntos.
  • A realización é individual.
  • Pode ter a forma de cuestionario tipo test,cuestionario de respostas curtas, resolución de problemas ou algunha combinación das anteriores.

Exame ordinario práctico (L) (20%):

  • Avaliación dos coñecementos prácticos adquiridos aolongo da materia.
  • Exame de 15-30 minutos de duración, a realizar nasmesmas datas que o exame ordinario teórico.
  • Se puntúa sobre 10 puntos.
  • Pode ter a forma de cuestionario tipo test,cuestionario de respostas curtas, resolución de problemas ou algunha combinación das anteriores.

Nota final e requisitos mínimos para superar a materia en convocatoria ordinaria:

A nota final (NEO) calcúlase coa seguinte fórmula:

NEO = 0.8 *T + 0.2 *L

Sendo necesario chegar a unha nota mínima de 4.0 puntos sobre 10 en cada unha das dúas partes e a unha nota igual ou superior a 5.0 puntos sobre 10 no cómputo da NEO, para poder aprobar a materia.

Exame extraordinario

O alumno que non supere a materia en primeira convocatoria debe presentarse á convocatoria extraordinaria (segunda convocatoria), na que se mantendrá a mesma estrutura, duración de exame, ponderacións e mínimos requiridos que na convocatoria ordinaria.

Compromiso Ético

Agárdase que o estudantado teña un comportamento ético axeitado, comprometéndose a actuar con honestidade. En base ao artigo 42.1 do Regulamento sobre a avaliación, a cualificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado da Universidade de Vigo, así como ao punto 6 da norma quinta da Orde DEF/711/2022, do 18 de xullo, pola que se establecen as normas de avaliación, progreso e permanencia nos centros docentes militares de formación para a incorporación ás escalas das Forzas Armadas, a utilización de procedementos fraudulentos en probas de avaliación, así como a cooperación neles implicará a cualificación de cero (suspenso) na acta da convocatoria correspondente, con independencia do valor que sobre a cualificación global tivese a proba en cuestión e sen prexuízo das posibles consecuencias de índole disciplinaria que poidan producirse.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000