Educational guide 2020_21
Centro Universitario da Defensa na Escola Naval Militar de Marín (Pontevedra)
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Oficina técnica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Levaranse a cabo dúas probas escritas con preguntas tipo test e/ou de
desenvolvemento sobre as sesións teóricas: Unha Proba Intermedia (PI) cun
peso porcentual do 20% sobre a nota da materia e unha Proba
Final (PF) cun peso porcentual sobre a nota da materia do 40%.
60 B1
C18
D5
D8
D14
D15
Proxecto Documento entregable e defensa mediante presentación oral. 30 B1
B2
C18
D2
D3
D5
D7
D8
D9
D10
D12
D14
D15
D17
D20
Resolución de problemas e/ou exercicios Informe que abarcará todas as sesións ao respecto. 10 B2
C18
D2
D5
D7
D8
D9
D15
D17
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación final de alumno atenderá á suma da puntuación outorgada a cada unha das partes antes comentadas, sendo a súa Nota de Avaliación Continua final (NEC):

NEC = 0,6 * NOTA TEORÍA + 0,3 * NOTA PROXECTO + 0,1 * NOTA INFORME

Ademais de alcanzar unha cualificación final de polo menos 5 puntos sobre 10 (NEC ≥ 5), para superar a materia por avaliación continua esixiranse uns requisitos mínimos, que garantan o equilibrio entre todos os tipos de competencias. Tales requisitos son os que seguen:

  • Obter unha nota de polo menos 4 puntos sobre 10 na proba final de avaliación continua ( PF).
En caso de non superar a materia por avaliación continua, o alumnado deberá presentarse ao exame ordinario de primeira convocatoria. Así mesmo, no suposto particular de non cumprirse os requisitos mínimos establecidos, a cualificación da avaliación continua calcularase como: NEC FINAL = min (4, NEC). Doutra banda, o alumnado que supere a materia por avaliación continua poderá acudir ao exame ordinario de primeira convocatoria para mellorar a súa cualificación.

Tanto no exame ordinario de primeira convocatoria como no extraordinario (segunda convocatoria), avaliaranse todas as competencias da materia, incluíndo as referentes ás sesións teóricas, prácticas, seminarios e á realización do proxecto en grupo.

A detección de fraude académico durante o transcurso da avaliación continua suporá automaticamente a imposibilidade de superar a materia mediante a devandita modalidade e suporá unha cualificación de 0 puntos na mesma. A detección de fraude académico, tanto en convocatoria ordinaria como extraordinaria, suporá automaticamente unha cualificación de 0 puntos na devandita convocatoria.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000