Guia docente 2023_24
Centro Universitario da Defensa da Escola Naval Militar de Marín
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Fundamentos de topografía
   Contidos
Tema Subtema
Tema 1. Introdución á topografía.
Obxectivos: Actualizar e revisar os conceptos adquiridos por os alumnos nas asignaturas previas de topografía dentro da formación específica militar. Consolidar un coñecemento científico dos fundamentos da topografía.
1.1 Definicións. Relación da Topografía con outras ciencias. Xeodesia e Topografía. Forma da Terra: xeoide e elipsoide. Métodos xeodésicos. Sistemas de referencia xeodésicos. Datum ou punto astronómico fundamental. Base e triangulación xeodésica. Xeodesia por satélite. Límite dun levantamento topográfico. Influencia da curvatura terrestre en planimetría e en altimetría.
1.2 Sistemas de representación gráfica. Proxeccións. Sistema de planos acotados. Representación gráfica do terreo. Mapas, cartas e planos. Escalas gráficas e numéricas. Triangulación, redes xeodésicas e topográficas.
1.3 Cartografía. Proxeccións cartográficas. Deformacións e escala local. Clasificación das proxeccións. Proxección de Mercator. Proxección UTM. Cuadrícula UTM.
1.4 Coordenadas: coordenadas cartesianas e polares. Coordenadas xeográficas. Transformación de coordenadas. Liñas e distancias. Concepto de liña xeodésica. Ángulos e aliñacións. O campo magnético terrestre. Declinación magnética. Rumbo e azimut.
Tema 2. Instrumentos e equipos usados en topografía.
Obxectivos: Identificar e coñecer os diferentes instrumentos e equipos que se usan en topografía. Adquirir habilidade e destreza no manexo básico de equipos topográficos reais que utilizarán os alumnos nas prácticas da materia.
2.1 Observacións topográficas. Incerteza e erros en topografía. Conceptos xerais de óptica xeométrica. Instrumentos ópticos. Prismas e lentes. Anteollos. Anteollo topográfico.
2.2 Elementos topográficos auxiliares: trípodes, niveis, plataformas nivelantes, plomadas. Teodolitos e taquímetros. Limbos, nonios e micrómetros. Goniómetros e goniógrafos.
2.3 Estación total. Funcionamento da estación total.
2.4 Sistema de Posicionamento Global (GPS). Emprego do GPS en xeodesia e topografía.
2.5 Unidades de medida: lonxitude, superficie, unidades angular. Sistemas centesimal e sexagesimal. Transformación de unidades entre sistemas.
2.6 Medida de ángulos horizontais e verticais. Erros.
Tema 3. Métodos topográficos: planimetría e altimetría.
Obxectivos: Coñecer e aplicar os métodos de planimetría para representar adecuadamente un terreo sobre unha superficie plana. Coñecer e aplicar os métodos de altimetría para representar correctamente a altura e o relevo dun terreo.
3.1 Métodos planimétricos. Método de abscisas e ordenadas a un só eixe. Método de descomposición en triángulos. Método de aliñacións. Método de radiación. Itinerario ou poligonación. Método de interseccións: intersección directa e inversa, intersección mixta, solucións gráficas e numéricas.
3.2 Métodos altimétricos. Niveis e miras: descrición. Plano de comparación: cotas, diferenzas de nivel e altitude. Nivelación trigonométrica. Nivelación xeométrica.
3.3 Modelo dixital do terreo (MDT). Curvas de nivel.
3.4 Interpretación de planos. Visibilidade entre dous puntos no terreo.
Tema 4. Aplicacións da topografía.
Obxectivos: Ser capaz de aplicar os contidos teóricos e prácticos da topografía para a realización dos diferentes traballos topográficos e as súas aplicacións na construción así como noutros ámbitos.
4.1 Levantamentos topográficos, catastrais e urbanos. Topografía de minas e túneles. Levantamentos para proxectos de enxeñaría. Deseño dun proxecto topográfico.
4.2 Perfís: lonxitudinais e transversais. Movemento de terras: talude e desmonte. Obra civil. Replanteos.
4.3 Organización defensiva do terreo. Construción de camiños e pistas.
Tema 5. Introdución á xeomática.
Obxectivos: Coñecer as diferentes técnicas xeomáticas de elaboración cartográfica.
5.1 Definición e fundamentos da xeomática como fonte de datos en proxectos de documentación cartográfica.
5.2 Introdución os sistemas de largo alcance: teledetección espacial. Sensores Landsat e Spot.
5.3 Introdución os sistemas de rango cercano: fotogrametría e tecnoloxía LiDAR (sistemas aéreos e terrestres).
5.4 Introdución á prospección xeofísica: xeorradar e acústica (sónar). Batimetrías.
Tema 6. Sistemas de Información Xeográfica.
Obxectivos: Coñecer e aplicar os fundamentos dos Sistemas de Información Xeográfica, así como o manexo de grandes cantidades de datos de representación do terreo en diversos formatos.
6.1 Concepto de Sistema de Información Xeográfica (SIX). Diferenzas entre SIX, base de datos e CAD.
6.2 Conceptos sobre información xeográfica e espacial: datos e metadatos. Modelo ráster e vectorial. Xeoprocesamento. Dixitalización e xeorreferenciación de datos.
6.3 Principais aplicación dos SIX na xestión e ordenación do terreo. SIX militar.
6.4 Fases dun proxecto SIX. Conceptos básicos de Cartografía Temática.
6.5 Fontes de datos cartográficos. Os SIX web e as Infraestructuras de Datos Espaciais (IDE).
Tema 7. A fotogrametría e as súas aplicacións.
Obxectivos: Coñecer as técnicas da fotogrametría e as súas aplicacións tanto no ámbito civil como no militar. Comprender a importancia da fotogrametría como ferramenta para producir mapas e planos, así como a súa utilidade para xeorreferenciar un territorio.
7.1 A fotografía aérea e as súas aplicacións. A fotografía como perspectiva cónica. Tipos de fotografías aéreas. Fotografía aérea e plano: comparación.
7.2 Fotogrametría. Xeneralidades e definicións. Aplicacións. Xeometría perspectiva. A cámara aérea e a cámara métrica. Orientación interna. Identificación de raios homólogos. Orientación externa da cámara. Puntos de apoio. Intersección dos raios homólogos. Restitución fotogramétrica. Precisión dos levantamentos fotogramétricos.
7.3 A ortofotografía. A fotogrametría de obxectos cercanos. Instrumentos de medida. Métodos. Aplicacións: fotogrametría industrial, fotogrametría aplicada a obra civil e arquitectura.
Práctica 1. Primeiro contacto coa instrumentación topográfica.

Estación total e medición de superficies.
Práctica 2. Planificación dun levantamento topográfico en campo e deseño dun itinerario pechado.

Método de itinerario en campo.
Práctica 3. Método de radiación en campo.
Adquisición de puntos de recheo.
Práctica 4. Elaboración da nube de puntos e cálculo de coordenadas.

Xeración de planimetría.
Práctica 5. MDT. Edición e Curvado. Perfís lonxitudinais e transversais.

Xeración de altimetría.
Práctica 6. Desenvolvemento dun caso de estudo SIX.
Xeoprocesamento e producción cartográfica.
Práctica 7. Sesión adicada á presentación de proxectos.
Avaliación do proxecto de campo sobre elaboración dun levantamento topográfico.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000