Educational guide 2020_21
Centro Universitario da Defensa na Escola Naval Militar de Marín (Pontevedra)
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Fundamentos de topografía
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DOS CONTIDOS ===

• No caso de suspensión da docencia presencial, o software topográfico que se utilizará para o tratamento de datos e elaboración cartográfica será o TOPOCAL, no canto de MDT.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===

• Engadirase unha nova metodoloxía docente: Sesión maxistral e/ou sesión práctica virtual síncrona: Impártese a través dunha plataforma de videoconferencia web. Cada aula virtual contén diversos paneis de visualización e compoñentes, cuxo deseño se pode personalizar para que se adapte mellor ás necesidades da clase. Na aula virtual, os profesores (e aqueles participantes autorizados) poden compartir a pantalla ou arquivos do seu equipo, empregar unha pizarra, chatear, transmitir audio e vídeo ou participar en actividades en liña interactivas (enquisas, preguntas, etc.).

• Modificación da metodoloxía docente Aprendizaxe baseada en proxectos. No caso de suspensión da docencia presencial, o desenvolvemento do proxecto seguirá un dos seguintes itinerarios: (1) No caso de que se poidan facer as prácticas de campo e recollida de datos para o proxecto: a toma de datos en campo e o procesamento dos devanditos datos, ata a obtención da nube de puntos, desenvolverase mediante traballo en grupos (3-4 alumnos dos grupos de prácticas). Posteriormente, os datos trataranse de maneira individual en software topográfico e cada alumno deberá presentar o proxecto en forma de informe e de exposición (defensa) ao profesor; (2) No caso de que non se poidan facer as prácticas de campo e recollida de datos para o proxecto: facilitaránselle uns datos de levantamento topográfico ao alumno para que, de maneira individual, realice os cálculos necesarios para o tratamento dos mesmos e xeración dunha nube de puntos. Posteriormente, os datos trataranse de maneira individual en software topográfico e cada alumno deberá presentar o proxecto en forma de informe e de exposición (defensa) ao profesor.

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===

• As probas de avaliación realizaríanse combinando a plataforma de teledocencia FAITIC-Moodle e o Campus Remoto da Universidade de Vigo.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000