Guia docente 2023_24
Centro Universitario da Defensa da Escola Naval Militar de Marín
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Máquinas e motores navais
   Contidos
Tema Subtema
Bloque 1: Motores de combustión interna. T1.1. Repaso de motores térmicos.
T1.2. Motores diésel.
- Clasificación dos motores diésel.
- Motores diésel de 2 e 4 tempos.
- Diagramas.
- Comparativa Otto-Diésel.
T1.3. Compoñentes principais dos motores diésel mariños.
T1.4. Sistema de refrixeración e lubricación.
T1.5. Sistema de inxección de combustible.
T1.6. Turbinas de gas mariñas.
Bloque 2: Sistemas actuais de propulsión mariña. T2.1. Introdución aos sistemas de propulsión mariña.
- Clasificación dos sistemas de propulsión mariña.
- Tipos de propulsores.
T2.2. Sistemas de propulsión convencionais.
- Tipos de propulsores.
- Xeometría de propulsores mariños.
- Condicións de propulsión.
- Cavitación.
T2.3. Sistemas de transmisión de potencia.
- Rodamentos, coxinetes e chumaceiras.
- Eixos de transmisión de potencia.
- Caixas de engrenaxes.
T2.4. Sistemas de propulsión combinados.
- CODAD.
- CODOG/CODAG.
- COGAG.
- CODEOG.
T2.5. Sistemas de propulsión eléctrica.
T2.6. Propulsión Azipodal.
T2.7. Propulsión nuclear e propulsión en sumerxibles.
T2.8. Control de emisións e tendencias futuras.
- O convenio MARPOL e os compromisos de reducións de emisións.
- Sistemas de control de emisións.
- Tendencias futuras en sistemas de propulsión mariña.



Bloque 3: Aparellos auxiliares. T3.1. Sistemas de goberno e estabilización dun buque.
- Transmisión electrohidráulica.
- Servomotor do temón electrohidráulico.
- Transmisión electromecánica.
- Servomotor do temón electromecánico.
- Principios de aletas estabilizadoras.
- Tanques ante-balance.
- Xiro-estabilizadores.
- Temóns estabilizadores.
T3.2. Sistemas de bombeo en buques.
- Bombas de fluxo continuo e desprazamento positivo.
T3.3. Equipos de medida.
- Medida de temperatura, presión, caudal.
- Indicadores de nivel e de velocidade de xiro.
T3.4. Sistemas de produción de auga.
- Destilación.
- Osmose inversa.
- Produción de auga desalgada.
T3.5. Sistemas de tratamento de auga.
- Plantas fecais por baleiro.
- Tratamento de augas fecais.
- Plantas de tratamento por decantación e por célula electrolítica.
- Separación de sentinas por decantación.
- Separador de sentinas coalescente.
T3.6. Sistemas de apoio a plantas propulsoras.
- Depuradoras centrífugas.
- Circuítos de refrixeración por auga doce e auga salgada.
- Sistemas de frío en buques.
T3.7. Instalación eléctrica dun buque.
- Planta eléctrica dunha F-100.
- Sistema integrado de control de plataforma (SICP).
- Esquema xeral da planta eléctrica dunha F-100 y os modos de traballo.
PL1: Motores de combustión. Estudo do funcionamento dos motores de combustión.
PL2: Motores Diésel. Estudo do funcionamento dos motores diésel mariños.
PL3: Motores de 2T. Estudo e análise de funcionamento dos motores de 2 tempos, Para iso, traballarase en grupos desmontando motores de 2T coas ferramentas dispoñibles.
PL4: Motores de 4T. Estudo e análise de funcionamento dos motores de 4 tempos. Para iso, traballarase en grupos desmontando motores de 4T coas ferramentas dispoñibles.
PL5: Turbinas de gas. Parametrización e funcionamento de turbinas de gas.
PL6: Plantas de propulsión. Estudo e análise da configuración e funcionamento das plantas de propulsión en buques de guerra.
PL7: Sistemas auxiliares en buques. Parametrización e funcionamento de diversos sistemas auxiliares en buques. Por exemplo, analizando a configuración e funcionamento da instalación eléctrica en buques de guerra, así como o proceso de conexión e desconexión á corrente de terra.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000