Educational guide 2020_21
Centro Universitario da Defensa na Escola Naval Militar de Marín (Pontevedra)
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Enxeñaría de fabricación e calidade dimensional
   Recomendacións


Materias que se recomenda ter cursado previamente
Expresión gráfica: Expresión gráfica/P52G381V01101
Resistencia de materiais/P52G381V01204
Fundamentos de sistemas e tecnoloxías de fabricación/P52G381V01402
 
Outros comentarios
O estudante que accede a cuarto curso do grao de mecánica, e en concreto a esta materia, debería ter capacidade mínima para: -Comprensión escrita e oral. -Abstracción, cálculo básico e síntese da información. -Utilizar instrumentos de medición e verificación dimensional no laboratorio/taller. -Usar estatística no control de Calidade. -Acoutar e definir tolerancias de forma adecuada e precisa a elementos mecánicos. -Representar mediante CAD 3D pezas e conxuntos básicos. -Usar e coñecer as máquinas-ferramenta manuais e as súas operacións básicas. -Elaborar programas básicos de control numérico en torno e fresadora, e seleccionar as ferramentas. -Planificar procesos de mecanizado, deformación e soldeo para elaborar pezas e/ou conxuntos básicos. -Aplicar a teoría da Elasticidade e saber representar estados tensionais a través de círculos de Mohr. Se o estudante accede sen estas competencias, non poderá ter un proceso de aprendizaxe óptimo e necesitará un tempo maior para a adquisición e posta ao día nas súas capacidades para que a formación final sexa a esperada.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000