Guia docente 2023_24
Centro Universitario da Defensa da Escola Naval Militar de Marín
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Enxeñaría de fabricación e calidade dimensional
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Nestas sesións, explicaranse detalladamente os contidos teóricos básicos do programa, expondo exemplos aclaratorios cos que profundar na comprensión da materia.
Utilizaranse de forma combinada presentacións e encerado. Na medida do posible, proporcionarase copia das transparencias aos alumnos con anterioridade á exposición, centrando o esforzo do profesor e do alumnado na exposición e comprensión dos coñecementos. De todos os xeitos, as reproducións en papel das transparencias nunca deben ser consideradas como substitutos dos textos ou apuntamentos, senón como material complementario.
Prácticas con apoio das TIC De cara a contribuír á adquisición das competencias xenéricas, exponse a avaliación de sesións de prácticas ben coa elaboración de informes individuais ou ben con informes por grupo. Cando a elaboración da memoria sexa colectiva e coa finalidade de asegurar que a interdependencia sexa positiva, todos os membros do grupo deben traballar e contribuír ao produto final e deben dominar, minimamente, todos os aspectos da sesión práctica.
Traballo tutelado O método didáctico a seguir na impartición das clases prácticas consiste en que o profesor tutela o traballo que realizan os diversos grupos nos que se divide o alumnado. As prácticas están dirixidas a afianzar os conceptos teóricos abordados nas sesións na aula e facilitar a asimilación dos conceptos de cara a súa aplicación no deseño de estructuras e elementos de máquinas.
Seminario Dado que a acción titorial afróntase como unha actuación de apoio grupal ao proceso de aprendizaxe do alumno mediante a resolución de problemas e exercicios, as titorías realizaranse preferentemente en seminarios e baixo o formato de reunións de grupo pequeno.
Seminario Curso intensivo de 15 horas para aqueles alumnos que non superaron a asignatura na primeira convocatoria, previo ao exame da segunda convocatoria. Tutorías grupais co profesor
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000