Educational guide 2020_21
Centro Universitario da Defensa na Escola Naval Militar de Marín (Pontevedra)
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Inglés II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas de desenvolvemento Tendo en conta as metodoloxías empregadas na práctica docente así como as diferentes actividades propostas ao longo do cuadrimestre (dirixidas a asegurar a adquisición das competencias), presentamos a continuación a contribución á nota final de cada elemento avaliado.

Elementos a avaliar:

Comprensión escrita (20%)
Comprensión oral (20%)
Expresión escrita (30%)
Expresión oral (30%)

Porcentaxe total (100%)

Exames (dous por cuadrimestre):

Exame parcial (30%)
Exame final (40%)

Porcentaxe total (70%)
70 B10
C34
D4
D5
D7
D8
D9
D15
D17
D18
Traballo Actividade 1 (15%) 15 B10
C34
D4
D5
D7
D8
D9
D15
D17
D18
Exame oral Actividade 2 (15%) 15 B10
C34
D4
D5
D7
D8
D9
D15
D17
D18
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os exames teñen como obxectivo a avaliación da aprendizaxe de todos os contidos seleccionados para a materia. Deben ser completos, é dicir, aspirarán a cubrir toda a materia impartida, posto que se trata de valorar o que o alumnado sabe dunha materia no seu conxunto, non dunha parte dela. Ao exame parcial correspóndelle o 30% da nota global da avaliación continua, e ao exame final correspóndelle o 70%, posto que este último abarca toda a materia impartida ao longo do cuadrimestre. Ademais, neste exame final, para o cálculo da nota global esixirase

1. Obter polo menos o 40% da puntuación asignada en todas e cada unha das catro partes das que se compón o exame, correspondentes ás catro destrezas lingüísticas.

Si o/a estudante non cumpre esta condición, a nota da parte do exame na que o/a estudante obteña maior puntuación converterase na nota do exame final e, por conseguinte, da avaliación continua. Esta nota nunca será superior a 3/10, posto que esta é a máxima nota posible en cada unha das dúas partes do exame ás que lles corresponden maior puntuación (expresión escrita e expresión oral). Para aprobar a materia na fase de avaliación continua, o/a estudante debe obter polo menos 5 puntos no cómputo global.

Exame ordinario e/ou extraordinario

Para
aprobar este exame, que incluirá actividades destinadas a avaliar o dominio
de cada unha das catro destrezas lingüísticas, esixirase

1. Aprobar (obter polo menos a
metade da puntuación asignada en) todas e cada unha do catro partes das
que se compón, correspondentes ás catro destrezas lingüísticas.

Si o/a estudante non cumpre algunha destas
dúas condicións, a nota da parte do exame na que o/a estudante obteña
maior puntuación converterase na nota do exame e, por conseguinte,
da avaliación. Esta nota nunca será superior a 3/10, posto que
esta é a máxima nota posible das dúas partes do exame ás que lles corresponden maior puntuación (expresión escrita e expresión oral).

Tanto
nos exames de avaliación continua (exame parcial e exame final) como nos
exames ordinario e extraordinario, todo o alumnado, independentemente do
grupo de clase no que se atope situado (1, 2, 3 ó 4), examínase da
mesma materia de carácter obrigatorio no Grao de Enxeñaría Mecánica do
Centro Universitario da Defensa, Inglés II. Polo tanto, para a realización das
probas orais, os estudantes serán agrupados seguindo un criterio
obxectivo e ecuánime. Aínda que, na medida do posible, tratarase de que a
agrupación de estudantes para a realización das devanditas probas se corresponda cos grupos de clase, esta non será unha condición obrigatoria.

NOTAS IMPORTANTES:

1. Durante o tempo de realización de exames, a utilización de dispositivos electrónicos está totalmente prohibida por parte do alumnado (exceptuando a aquel/aquela estudante que estea de garda, quen porá o seu teléfono móbil encima da mesa, á vista do profesorado que vixíe o exame en cuestión). Si o profesorado que vixía os exames detecta que un/unha estudante (exceptuando o/a estudante que estea de garda, a quen se lle permitirá ter o teléfono móbil regulamentario) atópase en posesión, manipula e/ou utiliza un dispositivo electrónico, a nota deste/esta estudante será 0 no conxunto do exame e, si o/a estudante atópase realizando o exame ordinario/extraordinario, a súa nota tamén será 0 no conxunto da avaliación. Baixo ningún concepto se contemplarán permisos extraordinarios destinados a que o alumnado poida dispor de dispositivos electrónicos durante o tempo de realización de exames.

2. A organización dos procedementos de exames, que se publica na orde diaria e na plataforma da materia, depende única e exclusivamente da coordinadora da materia, quen acordará esta organización previamente coa dirección do CUD. Baixo ningún concepto se contemplarán cambios nesta organización que deriven de decisións tomadas por persoas que non sexan a coordinadora da materia e a dirección do CUD. A nota do alumnado que non cumpra coas directrices de organización será 0 no exame e, no caso de que o incumprimento das normas de organización se producise durante un exame ordinario/extraordinario, a nota será 0 no conxunto da avaliación.

 










Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000