Guia docente 2023_24
Centro Universitario da Defensa da Escola Naval Militar de Marín
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Inglés II
   Resultados previstos na materia
Resultados previstos na materia Resultados de Formación e Aprendizaxe
EXPRESIÓN ORAL EN XERAL Realizar descricións, presentacións claras e sistematicamente desenvolvidas, resaltando axeitadamente os aspectos significativos e os detalles relevantes que sirvan de apoio. MONÓLOGO SOSTIDO: DESCRIÇÃO DE EXPERIENCIAS Realizar descricións claras e detalladas sobre unha ampla variedade de temas relacionados coa súa especialidade. MONÓLOGO SOSTIDO: ARGUMENTACIÓN Desenvolver argumentos de forma sistemática, dando unha énfase axeitada aos aspectos importantes e apoiándose en detalles adecuados. FALAR EN PÚBLICO Realizar con claridade presentacións preparadas previamente, argumentando a favor ou en contra dun punto de vista concreto, e mostrando as vantaxes e desvantaxes de varias opcións. Responder a unha serie de preguntas complementarias cun grao de fluidez e espontaneidade que non supoña ningunha tensión para si mesmo nin para o público. INTERACCIÓN ORAL EN XERAL Falar con fluidez, precisión e eficacia sobre unha ampla variedade de temas xerais, académicos, profesionais ou de lecer, marcando con claridade a relación entre as ideas. Comunicarse de forma espontánea e posuír un bo control gramatical sen dar moitas mostras de ter que restrinxir o que di e adoptando un nivel de formalidade axeitado ás circunstancias. B10
C34
D4
D5
D7
D8
D9
D15
D17
D18
EXPRESIÓN ESCRITA EN XERAL Escribir textos claros e detallados sobre unha variedade de temas relacionados coa súa especialidade, sintetizando e avaliando información e argumentos procedentes de varias fontes. INFORMES E REDACIÓNS Escribir redaccións e informes que desenvolven de forma sistemática un argumento, destacando os aspectos significativos e ofrecendo detalles relevantes que sirvan de apoio. B10
C34
D4
D5
D7
D8
D9
D15
D17
D18
COMPRENSIÓN AUDITIVA EN XERAL Comprender calquera tipo de fala, tanto conversas cara a cara como discursos retransmitidos, sobre temas habituais ou non, da vida persoal, social, académica ou profesional. Só inciden na súa capacidade de comprensión o ruído excesivo de fondo, unha estruturación inaxeitada do discurso ou un uso idiomático da lingua. COMPRENDER CONVERSACIÓNS ENTRE FALANTES NATIVOS Poder seguir conversas animadas entre falantes nativos. ESCOITAR CONFERENCIAS E PRESENTACIÓNS Comprender as ideas principais de conferencias, charlas e informes, e outras formas de presentación académica e profesional linguisticamente complexas. ESCOITAR AVISOS E INSTRUCCIÓNS Comprender declaracións e mensaxes sobre temas concretos e abstractos, en lingua estándar e cun ritmo normal. ESCOITAR RETRANSMISIÓNS E MATERIAL GRAVADO Comprender gravacións en lingua estándar coas que pode atoparse na vida social, profesional ou académica, e identificar os puntos de vista e actitudes do falante, así como o contido da información. B10
C34
D4
D5
D7
D8
D9
D15
D17
D18
COMPRENSIÓN DE LECTURA EN XERAL Ler cun alto grao de independencia, adaptando o estilo e a velocidade de lectura a distintos textos e finalidades e utilizando fontes de referencia axeitadas de forma selectiva. LER PARA ORIENTARSE Buscar con rapidez en textos extensos e complexos para localizar detalles relevantes. LER INSTRUCCIÓNS Comprender instrucións extensas e complexas que estean dentro da súa especialidade, incluíndo detalles sobre condicións e advertencias sempre que poida volver ler as seccións difíciles. B10
C34
D4
D5
D7
D8
D9
D15
D17
D18
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000