Educational guide 2020_21
Centro Universitario da Defensa na Escola Naval Militar de Marín (Pontevedra)
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Inglés II
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada polo COVID-19, a Universidade de Vigo establece unha planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución determíneno atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou parcialmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun modo máis áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes.

Medodoloxía docente:
As sesións impartidas na aula substituiríanse por sesións virtuais síncronas, impartidas combinando a plataforma de teledocencia FAITIC-Moodle e unha plataforma de videoconferencia web.

Avaliación:
As actividades avaliables e os exames realizaríanse combinando a plataforma de teledocencia FAITIC-Moodle e o Campus Remoto da Universidade de Vigo.

NOTAS IMPORTANTES:
1. Durante o tempo de realización de actividades avaliables ou exames, o alumnado debe permanecer dentro de plano en todo momento (exceptuando o descanso, durante o que deberá seguir véndose a pantalla do computador, a mesa e a cadeira de traballo). Se o alumnado desaparecese de plano, a nota da tarefa durante a realización da que esta situación se produza será 0.

2. Si durante a realización de actividades avaliables ou exames, o alumnado dirixe a vista sistematicamente a algún punto situado fóra de plano antes de contestar os ítems da tarefa avaliable ou dalgunha(s) tarefa(s) do exame, a nota da(s) tarefa(s) durante a realización da(s) que se rexístre ese comportamento será 0.

3. Si durante a realización de actividades avaliables ou exames, FAITIC-Moodle rexistra dúas direccións IP diferentes desde as que un mesmo alumno está a realizar as actividades, a nota da actividade durante a realización da cal se rexistre este feito será 0.

4. Está terminantemente prohibido utilizar complementos de tradución no navegador desde o que se realicen as partes do exame para as que se requira a utilización de FAITIC-Moodle. Se aínda así o alumnado os empregase, este asumirá as consecuencias que se deriven da súa utilización (por exemplo, tradución automática involuntaria a unha lingua distinta).

5. A menos que o alumnado estea a utilizar o seu teléfono móbil para conectarse a Campus Remoto, este deberá permanecer fóra da habitación onde o alumnado estea a realizar as actividades avaliables ou o exame en cuestión.

6. Se nalgunha das actividades de produción, o profesorado da materia detecta e pode demostrar documentalmente plaxio, a nota da actividade será 0.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000