Educational guide 2020_21
Centro Universitario da Defensa na Escola Naval Militar de Marín (Pontevedra)
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Deseño de máquinas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas con apoio das TIC Valorarase as memorias das prácticas de laboratorio e os traballos realizados a partir delas. 30 B4
B5
B9
C13
C20
D2
D9
Resolución de problemas de forma autónoma Realizaranse dous Controis teórico-prácticos de avaliación continua (15% cada un). A súa valoración realizarase sobre 10 puntos cada un e deberase ter unha nota media de 4 ou máis puntos no conxunto destas dúas probas para poder optar ao aprobado por avaliación continua.

A Proba Final (PF) de avaliación continua (cun peso do 40%) realizarase na semana de avaliación e valorarase sobre 10 puntos. Será necesario obter unha nota maior ou igual a 4 puntos sobre 10 no exame final de avaliación continua para poder optar ao aprobado por avaliación continua.
70 B4
B5
B6
B9
B11
C13
C20
D2
D9
D10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumno deberá presentarse ao exame ordinario de todos os contidos da materia, que suporá o 100% da nota, nos seguintes supostos:
• A nota final de avaliación continua (NEC) é menor de 5.
• A non realización ou entrega da memoria de prácticas, salvo que sexa eximido por causa xustificada, ou a non superación do mínimo de 4 puntos nas mesmas.
• Obter unha nota inferior a 4 puntos sobre 10 no exame final de avaliación continua.
• Obter unha nota media dos controis teórico-prácticos inferior ao 4.

A nota de avaliación continua en caso de non cumprir algún do tres últimos requisitos será obtida mediante a expresión:
NECS = min (4, NEC)
En calquera caso, o alumno que superase a avaliación continua, terá a posibilidade de presentarse ao exame ordinario para subir nota.

Nota importante: Un dos deberes de cada estudante universitario é "Abstenerse de empregar ou cooperar en procedementos fraudulentos nas probas de avaliación, nos traballos que se realicen ou nos documentos oficiais da universidade". (Real decreto 1791/2010, do 30 de decembro, polo que se aproba o Estatuto do Estudante Universitario). A participación en calquera procedemento fraudulento, así como a posesión de material non autorizado durante a realización de calquera das probas (como dispositivos electrónicos, notas ou calquera outra documentación relacionada co asunto) conducirá á suspensión na convocatoria actual (valorada 0 ) e informar á Dirección do Centro.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000