Guia docente 2023_24
Centro Universitario da Defensa da Escola Naval Militar de Marín
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Fundamentos de organización de empresas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Probas intermedias de avaliación continua: teñen como obxecto a avaliación das competencias adquiridas, podendo incluír preguntas tipo test pechadas con diferentes alternativas de resposta, preguntas de resposta curta directas e resolución de problemas.
Realizaranse ao longo do cuadrimestre e serán de curta duración. A realización das probas será obrigatoria e esixible para superar a materia. (Porcentaxe sobre a cualificación final: 50%)

Exame final de avaliación continua: realizarase unha proba final que abarcará a totalidade dos contidos da materia, tanto teóricos como prácticos, e que poderá incluír probas tipo test, preguntas de razoamento, resolución de problemas e desenvolvemento de casos prácticos. Esíxese alcanzar unha cualificación mínima de 4 puntos sobre 10 posibles para poder superar a materia, así como superar unha nota mínima de 3 puntos sobre 10 en cada unha das partes (teoría e problemas) do devandito exame. (Porcentaxe sobre a cualificación final: 40%)

90 B8
B9
C15
C17
D1
D2
D7
D8
D9
D11
Resolución de problemas Avaliación das prácticas: ao longo do cuadrimestre, en determinadas clases prácticas, exporanse problemas ou exercicios que deberán ser resoltos polos alumnos e entregados para a súa avaliación cando o determine o profesor. A avaliación de cada entregable estará de acordo cos criterios que con anterioridade se comunicaron aos alumnos.

10 B8
B9
C15
C17
D1
D2
D7
D8
D9
D11
D18
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación final de alumno atenderá
á suma da puntuación outorgada a cada unha das partes antes comentadas,
sendo a súa nota de avaliación continua final (NEC):

NEC= 0,25 PROBA INTERMEDIA 1 + 0,25 PROBA INTERMEDIA 2 + 0,10 PRÁCTICAS + 0,40 PROBA FINAL.

Para superar a materia, a nota
final de avaliación continua (NEC) calculada pola fórmula anterior deberá ser
polo menos 5 puntos sobre 10. En caso contrario, deberá presentarse ao exame
ordinario.
Con todo, esixiranse uns
requisitos mínimos e condicións nalgúns dos apartados, que garantan o
equilibrio entre todos os tipos de competencias.
O alumno deberá presentarse ao
exame ordinario de todos os contidos da materia, que suporá o 100%
da nota, nos seguintes supostos:
  • Non realizar
    algunha das probas intermedias ou a non asistencia a máis dunha sesión
    de prácticas. 
  • Obter
    unha nota inferior a 4 puntos sobre 10 na proba final de avaliación
    continua, así como non superar unha nota mínima de 3 puntos sobre 10 nalgunha das partes (teoría e problemas) do devandito exame. 
En calquera destes dous
supostos a cualificación da avaliación continua será o mínimo da nota
de avaliación continua calculada coa fórmula anterior e 4 puntos.En calquera caso, o alumno que superase
a avaliación continua, terá a posibilidade de presentarse ao exame
ordinario para subir nota.

Tanto no exame ordinario como no extraordinario (convocatoria de xullo)
avaliaranse todas as competencias da materia. Para aprobar a materia en
calquera destas dúas convocatorias, será necesario superar unha nota mínima de 3 puntos sobre 10 en cada
unha das partes (teoría e problemas) en que se divide este exame.

COMPROMISO ÉTICO: Agárdase que o estudantado teña un comportamento ético axeitado, comprometéndose a actuar con honestidade. En base ao artigo 42.1 do Regulamento sobre a avaliación, a cualificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado da Universidade de Vigo, así como ao punto 6 da norma quinta da Orde DEF/711/2022, do 18 de xullo, pola que se establecen as normas de avaliación, progreso e permanencia nos centros docentes militares de formación para a incorporación ás escalas das Forzas Armadasa utilización de procedementos fraudulentos en probas de avaliación, así como a cooperación neles implicará a cualificación de cero (suspenso) na acta da convocatoria correspondente, con independencia do valor que sobre a cualificación global tivese a proba en cuestión e sen prexuízo das posibles consecuencias de índole disciplinaria que poidan producirse.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000