Guia docente 2023_24
Centro Universitario da Defensa da Escola Naval Militar de Marín
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Fundamentos de organización de empresas
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Cada unidade temática teórica será presentada polo profesor, expondo exemplos para unha mellor comprensión dos contidos. Mediante a formulación de cuestións sobre os contidos teóricos e exemplos fomentarase e valorará a participación activa do alumnado.

Utilizaranse presentacións ofimáticas e a lousa para transmitir información como definicións, gráficos, fotografías, etc. Na medida do posible, proporcionarase copia das presentacións aos alumnos con anterioridade á exposición, centrando o esforzo do profesor e do alumnado na exposición e comprensión dos coñecementos. As reproducións en papel das presentacións nunca deben ser consideradas como substitutos de apuntamentos tomados en clase ou dos textos suxeridos na bibliografía, senón como material complementario.
Resolución de problemas Formúlanse problemas e/ou exercicios que o alumno debe resolver interpretando a información dispoñible, aplicando fórmulas ou algoritmos e interpretando os resultados. Estes exercicios pódense recoller ao final da clase ou ser enviados mediante a través de intranet nun curto prazo de tempo.
Seminario Consisten na realización de actividades de reforzo á aprendizaxe mediante:

Resolución de problemas. Complementando aos realizados nas clases prácticas.

Estudo de casos. Análise de sucesos reais, fundamentalmente en empresas e en organizacións de Defensa coa finalidade de coñecelos, interpretalos, reflexionar, diagnosticar e elaborar posibles solucións.

Aqueles exercicios de clases de laboratorio que o alumno non puidese finalizar, tratará de facelo nas súas horas de estudo e se ten algunha dificultade ou dúbida poderase resolver nestes seminarios.

Contabilízanse neste apartado 5 horas de tutorías de apoio para aquelles alumnos que suspenderon a materia por evaluación continua, previas á realización do exame ordinario. Tutorías grupais co profesor.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000