Guia docente 2023_24
Centro Universitario da Defensa da Escola Naval Militar de Marín
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Fundamentos de organización de empresas
   Contidos
Tema Subtema
Tema 1. Concepto de sistema produtivo e os seus elementos.

Obxectivos e desenvolvemento:
Identificar os conceptos de operacións, produción e produtividade no contexto das empresas e das organizacións en xeral. Analizar estudos de casos e lecturas nos que se aplique coñecemento de matemáticas, estatísticas, economía e outros campos científicos para a análise de situacións empresariais.

Índice do tema
1.1. Nocións de produción. Sistema produtivo. Contorna actual dos sistemas produtivos.
1.2. Dirección de operacións. Organización para producir bens e servizos.
1.3. Novas tendencias en produción e operacións.
1.4. Produtividade, calidade e responsabilidade social.

Tema 2. A produtividade e a súa medida.

Obxectivos e desenvolvemento:
Definir e describir a medida da produtividade. Coñecer os factores que afectan á produtividade e aplicar técnicas organizativas para aumentar a produtividade.

Índice do tema
2.1. Concepto de produtividade. Medida da produtividade.
2.2. Factores da produtividade. Labor da dirección. Técnicas para aumentar a produtividade.
2.3. A produtividade nas empresas e nas organizacións. Produtividade e sector servizos.
Tema 3. Concepto e funcións da xestión da produción.

Obxectivos e desenvolvemento:
Definir a xestión da produción e identificar as funcións básicas da mesma.

Índice do tema
3.1. Xestión da produción. Planificación, programación e control da produción.
3.2. Relacións entre produción, loxística empresarial e operacións.
3.3. Cadea de subministracións. Xestión de existencias. Demanda independente fronte a demanda dependente.
3.4. Funcións do director de produción e operacións.
Tema 4. Planificación, programación e control de proxectos.

Obxectivos e desenvolvemento:
Entender cada novo produto ou servizo como un proxecto. Explicar as principais técnicas para planificar, programar e controlar proxectos.

Índice do tema
4.1. Importancia estratéxica da dirección de proxectos.
4.2. Planificación do proxecto.
4.3. Programación do proxecto.
4.4. Control do proxecto.
4.5. Introdución a PERT/CPM.
4.6. Representación gráfica de redes PERT/CPM.
4.7. Folguras e camiño crítico.
4.8. Variabilidade nas duracións das actividades.
Tema 5. Métodos de previsión da demanda.

Obxectivos e desenvolvemento:
Definir a previsión e os seus enfoques. Describir os métodos de previsión cuantitativos.

Índice do tema
5.1. Previsión. Tipos de previsións. Importancia da previsión da demanda. Enfoques da previsión.
5.2. Métodos de previsión cuantitativos. Modelos de series temporais. Modelos causales.
Tema 6. Decisións estratéxicas.

Obxectivos e desenvolvemento:
Identificar os enfoques ou estratexias de proceso e layout nas organizacións. Introducir o concepto de planificación da capacidade.

Índice do tema
6.1. Estratexias de procesos e layout. Análise e deseño de procesos.
6.2. Capacidade. Planificación das necesidades de capacidade. Ferramentas para a análise e toma de decisións.
6.3. Estratexia de localización. Factores que afectan á decisión de localización. Avaliación de alternativas.
Tema 7. Decisións tácticas. Xestión de existencias.

Obxectivos e desenvolvemento:
Describir a xestión de existencias e os seus modelos básicos.

Índice do tema
7.1. Funcións das existencias ou inventarios. Xestión de existencias.
7.2. Modelos de inventarios. Modelos con demanda independente. Outros modelos.
Tema 8. Decisións tácticas. Planificación, programación e control da produción.

Obxectivos e desenvolvemento:
Identificar os procesos de planificación, programación e control. Explicar a planificación das necesidades de materiais.

Índice do tema
8.1. O proceso de planificación. Planificación agregada. Programación e control da produción.
8.2. Planificación das necesidades de materiais (MRP). Xestión de existencias con demanda dependente.
8.3. Estrutura e xestión do MRP.
8.4. Planificación dos recursos da empresa (ERP).
Tema 9. Decisións tácticas. A filosofía JIT. Definición e principios.

Obxectivos e desenvolvemento:
Describir a filosofía Just In Time (JIT) e Lean Manufacturing, obxectivos e principios.

Índice do tema
9.1. Introdución ao JIT.
9.2. As 4P do JIT.
9.3. Lean Manufacturing.
9.4. Mantemento produtivo total TPM.

Tema 10. Introdución ao estudo do traballo.

Obxetivos e desenvolvemento:
Definir o deseño do traballo. Comprender a importancia dunha xestión eficaz e eficiente dos recursos humanos. Explicar os fundamentos do estudo de métodos. Describir o estudo de tempos. Explicar os sistemas de tempos predeterminados. Describir a mostraxe do traballo.

Índice do tema
10.1. Deseño do traballo.
10.2. Ergonomía e fisioloxía do traballo.
10.3. Estudo e mellora de métodos.
10.4. Estudo de tempos por cronometraxe.
10.5. Sistemas de tempo predeterminados. O Sistema Methods-Time Measurement (MTM).
10.6. Mostraxe do traballo.
Tema 11. Introdución á calidade, medioambiente e seguridade.

Obxectivos e desenvolvemento:
Definir a calidade e as normas internacionais de calidade. Identificar os sistemas e normas de xestión ambiental. Definir a seguridade e a hixiene industrial e comprender a súa importancia na prevención de accidentes no traballo. Analizar varios estudos de caso nos que as empresas tratan aspectos sociais, sanitarios e de seguridade industrial. Co obxectivo de incrementar o número de actividades en que se traten tales aspectos analizaranse varios casos de estudo e vídeos, os cales están reflictidos nas referencias web da bibliografía.

Índice do tema
11.1. Definición da calidade. Normas internacionais de calidade. Normas ISO 9000. Normas PECAL/AQAP de requisitos do Ministerio de Defensa (requisitos OTAN).
11.2. Sistemas de xestión ambiental. Normas ISO 14000. Regulamento EMAS.
11.3. Seguridade e hixiene industrial. Prevención de riscos laborais.

Práctica 1. Medida e cálculo da produtividade.

Desenvolvemento: Exponse situacións de empresas ou organizacións industriais e de servizos nas cales se debe determinar ou medir a produtividade a partir dos datos que se fornecen. Resólvense os problemas e exercicios expostos. Nesta práctica, de cara ó manexo de datos encamiñados a emitir xuízos que impliquen reflexión sobre temas ético-sociais por parte dos alumnos, abordaranse cuestións relativas á planificación de horarios, para intentar dar unha resposta efectiva ás necesidades de persoal, e así analizar como a planificación de horarios supón unha restrición na optimización de procesos dentro dunha empresa.
Práctica 2. Programación de proxectos.

Desenvolvemento: Consiste na determinación do programa ou calendario dun proxecto mediante as técnicas de PERT e CPM. Nesta práctica, de cara ao manexo de datos encamiñados a emitir xuízos que impliquen reflexión sobre temas ético-sociais por parte dos alumnos, abordaranse cuestións relativas á medida do rendemento dos traballadores e os niveis de motivación laboral, factores que afectan directamente á eficiencia e á duración dun proxecto.
Práctica 3. Estimacións da previsión da demanda.

Desenvolvemento: Consiste en estimar a previsión da demanda dos produtos ou servizos dunha empresa, utilizando os modelos de series temporais e os modelos causales que se estudaron. Exponse e resólvense diversos problemas de previsión.
Práctica 4. Análise de procesos. Deseño de layout. Decisións de capacidade. Desenvolvemento: Preséntanse exemplos de diagramas de fluxo e gráficos de procesos e operacións (cursogramas sinópticos e analíticos, diagramas de percorrido, etc.) para a análise de procesos. Exponse e resolven problemas de análises de limiar de rendibilidade, análise de investimentos. Nesta práctica, de cara ó manexo de datos que permitan emitir xuízos que impliquen reflexión sobre temas ético-sociais por parte dos alumnos, abordaranse cuestións encamiñadas a identifica-la incidencia dunha empresa en conservación da natureza, así como no grao de avance cara á equidade social e a eficiencia económica na área de actuación da dita empresa.

Práctica 5. Modelos de inventarios con demanda independente. Desenvolvemento: Exponse e resolven problemas de xestión de existencias mediante a análise ABC, así como exercicios baseados no modelo da cantidade económica de pedido (EOQ) e as súas variacións (a demanda é independente).
Práctica 6. Planificación agregada.

Desenvolvemento: Exponse e resolven problemas de planificación agregada coas dúas alternativas puras: caza e nivelación.
Práctica 7. Modelos de inventarios con demanda dependente. Desenvolvemento: Exponse e resolven problemas mediante a técnica do MRP, elaborando listas de materiais e calculando os plans de necesidades brutas e netas (a demanda é dependente).
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000