Educational guide 2020_21
Centro Universitario da Defensa na Escola Naval Militar de Marín (Pontevedra)
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Máquinas de fluídos
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Nestas sesións, explicaranse detalladamente os contidos teóricos básicos do programa, expondo exemplos clarificadores cos que profundar na comprensión da materia.
Utilizaranse de forma combinada presentacións e a lousa. A principio de curso proporcionarase copia das transparencias aos alumnos que o soliciten na secretaría do centro. De todos os xeitos, as reproducións en papel das transparencias nunca deben ser consideradas como substitutos dos textos ou apuntamentos, senón como material complementario.
Prácticas de laboratorio Prácticas de laboratorio con computador. As prácticas con computador son de gran importancia nesta materia. Os simuladores de circuítos facilitan enormemente o entendemento dos circuítos. Pola súa banda as prácticas de simulación fluidodinámica CFD permiten visualizar o movemento tridimensional dos fluidos nas turbomáquinas e o movemento dos órganos desplazadores nas máquinas volumétricas.

Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma. Nalgunha das sesións prácticas exponse ao alumno a resolución dun problema como actividade de peche da práctica.
Resolución de problemas Resolución de problemas e/ou exercicios. O profesor realiza a resolución dun problema representativo vinculado á teoría.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000