Educational guide 2020_21
Centro Universitario da Defensa na Escola Naval Militar de Marín (Pontevedra)
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Máquinas de fluídos
   Contidos
Tema Subtema
Tema1: Clasificación das máquinas de fluídos. 1.1.-Clasificación das máquinas de fluídos.
1.2.-Elementos constitutivos.
1.3.-Aplicacións das máquinas de fluídos.
Tema2: Balance enerxético nunha máquina de fluído. 2.1.-Caracterización das máquinas de fluído. Definición das seccións de entrada e saída.
2.2.-Ecuación de conservación da enerxía total.
2.3.-Ecuación de conservación da enerxía interna.
2.4.-Ecuación de conservación da enerxía mecánica. Altura útil.
2.5.-Balance de enerxía mecánica e rendemento en máquinas xeradoras.
2.6.-Balance de enerxía mecánica e rendemento en máquinas motoras.

Tema3: Máquinas de desprazamento positivo. 3.1.-Máquinas de desprazamento positivo. Principio de funcionamento e clasificación. Características. Aplicacións.
3.2.-Bombas volumétricas alternativas.
3.3.-Bombas volumétricas rotativas e peristálticas.
3.4.-Motores hidráulicos e actuadores lineais. Curvas características.

Tema4: Fundamentos dos circuítos olehidráulicos. 4.1.-Esquema xeral dun circuíto oleohidráulico. Descomposición funcional e simboloxía.
4.2.-Elementos de control e accesorios en circuítos hidráulicos.
4.3.-Deseño e control de circuítos hidráulicos elementais.
Tema5: Fundamentos dos circuítos pneumáticos. 5.1.-Esquema xeral dun circuíto pneumático. Descomposición funcional e simboloxía.
5.2.-Elementos de control e accesorios en circuítos pneumáticos.
5.3.-Deseño e control de circuítos pneumáticos elementais.
Tema6: Fundamentos das turbomáquinas hidráulicas. 6.1.-Introdución. Sistemas de referencia. Vistas normalizadas.
6.2.-Ecuación de conservación do momento cinético. Teorema de Euler.
6.3.-Teoría unidimensional das turbomáquinas.
6.4.-Ecuación de Bernouilli no movemento relativo ó rotor.
6.5.-Estudo simplificado das turbomáquinas radiais. Turbobombas. Turbinas Francis.
6.6.-Estudo simplificado das turbomáquinas axiais. Turbinas Kaplan.
6.7.-Análise dimensional e semellanza física en turbomáquinas hidráulicas.

Tema7: Máquinas e instalacións hidráulicas reais. 7.1.-Elementos para o cálculo de bombas e instalacións de bombeo. Curvas características da bomba e curva característica da instalación.
7.2.-Funcionamento de turbinas hidráulicas Pelton. Regulación.
7.3.-Funcionamento de turbinas hidráulicas Francis. Regulación.
7.4.-Hélices de propulsión mariñas.
7.5.-Aeroxeradores.
7.6.-Centrais hidráulicas reversibles.

Práctica 1: Identificación dos elementos de máquinas de fluídos en ensamblaxes CAD. Obxectivos e desenvolvemento:
Nesta primeira sesión de prácticas o alumno vai abrir ficheiros CAD preparadas polo profesor para visualizar os compoñentes de sistemas hidráulicos e máquinas de fluídos.
O principal obxectivo desta práctica é consolidar a nomenclatura e facilitar a visualización tridimensional do fluxo no interior das máquinas de fluído.
Práctica 2: Simulación CFD de bombas de desprazamento positivo. Obxectivos e desenvolvemento:
Nesta primeir práctica de simulación CFD explícanse as técnicas de malla dinámica requeridas para definir o movemento dos órganos desprazadores das máquinas de fluído volumétricas.
Práctica 3: Simulación de circuitos oleohidráulicos con software demostrativo. Obxectivos e desenvolvemento:
Para fortalecer os coñecementos teóricso do tema 4, nesta práctica vaise deseñar un circuíto hidráulico simple coa finalidade de comprender as funcións de cada un dos elementos implicados: elementos de xeración, accionamento e control.
Práctica 4: Simulación de circuítos pneumáticos con software demostrativo. Obxectivos e desenvolvemento:
Para fortalecer os coñecementos teóricos do tema 5 preténdese que o alumno deseñe un circuíto pneumático de complexidade intermedia para satisfacer uns requisitos impostos polo profesor, analizar o funcionamento dos diferentes elementos e procurar a maior simplicidade do circuíto.
Práctica 5: Análise dun circuíto hidráulico ou pneumático real mediante o software Fluidsim. Obxectivos e desenvolvemento:
Para fortalecer os coñecementos teóricos adquiridos nos temas 4 e 5, e para reforzar os conceptos e habilidades de manexo de software desenvolvidos nas prácticas 3 e 4 exponse esta práctica, na que emprega o software Fluidsim, cuxas actualizacións van incorporando coñecementos de vangarda. Nela, o alumno ten que analizar un caso sinxelo dun circuíto hidráulico ou pneumático real (gato hidráulico, compoñente hidráulico dunha escavadora, apertura dunha porta). O alumno escollerá o compoñente que quere analizar co fin de que se estuden diferentes compoñentes e cada alumno téñase que enfrontar a diferentes problemáticas.
Práctica 6: Resolución de problemas do axuste dunha turbobomba radial nunha instalación. Obxectivos e desenvolvemento:
O alumno resolverá un problema de turbobombas no que entran en xogo parámetros de deseño do rodete e da instalación. Tomando como punto de partida unha tabla co rexistro de medicións experimentais derívanse as curvas de funcionamento dunha turbobomba radial e evalúase o punto de funcionamento para diferentes configuracións.
Práctica 7: Cálculo dunha instalación hidráulica real mediante o software Epanet Obxectivos e desenvolvemento:
Nesta práctica modelízanse e resólvense problemas de instalacións de bombeo reais co software Epanet. Con esta práctica preténdese inculcar que as ferramentas de software dispoñibles facilitan o traballo de cálculo, pero non liberan ao usuario de ter os coñecementos de enxeñaría necesarios para a correcta introdución dos datos e interpretación dos resultados.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000