Guia docente 2023_24
Centro Universitario da Defensa da Escola Naval Militar de Marín
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Enxeñaría gráfica
   Contidos
Tema Subtema
CONTIDOS TEORICOS
Tema 1. Introdución aos gráficos de enxeñaría. 1.1. Tipos de gráficos en enxeñaría. Campos de aplicación. Gráficos para o deseño, a visualización e a comunicación. A linguaxe gráfica.
1.2. Sistemas gráficos. Tipos e estrutura dos ficheiros gráficos. Manexo da información. Xerarquías. Capas.
1.3. Modelos. Modelo xeométrico. Asociatividade da información.
1.4. Construcións gráficas empregadas en enxeñaría.
1.5. Diagramas e nomogramas.

Tema 2. Deseño mecánico e utilización de elementos de transmisión. 2.1. Definición e representación de eixos e árbores.
2.2. Definición e representación de rodas dentadas e engrenaxes. Representación convencional.
2.3. Definición e representación de rodamentos e obturadores. Representación convencional.
2.4. Definición e representación de elementos de estanquidade.
Tema 3. Deseño estrutural. 3.1. Introdución ás unións. Tipoloxía. Funcións elementais. Métodos de realización.
3.2. Unións roscadas. Roscas. Elementos de unión. Criterios de deseño. Representación de unións roscadas.
3.3. Unións permanentes. Soldadura. Remachado. Representación de unións permanentes.
Tema 4. Xestión da variabilidade; repercusión funcional das tolerancias. Análise e síntese de tolerancias. 4.1. A variabilidade asociada aos problemas de enxeñaría.
4.2. Variabilidade macro e micro xeométricas.
4.3. Tolerancias dimensionales e axustes. Especificación.
4.4. Referencias e sistemas de referencia.
4.5. Tolerancias estatísticas. Funcións de custo das tolerancias.
4.6. Análise de tolerancias e sínteses de tolerancias.
4.7. Combinación de tolerancias; repercusión no funcionamento da acumulación de tolerancias.
Tema 5. Especificación xeométrica de produtos. 5.1. Especificación xeométrica segundo ISO.
5.2. Cadeas de Normas ISO.
5.4. Matrices de Normas GPS.
Tema 6. Fundamentos dos gráficos por computador.
6.1. Transformacións xeométricas básicas.
6.2. Graficación de liñas: algoritmos básicos.
6.3. Modelado de superficies: implícitas, paramétricas, redes poligonales.
6.4. Modelado de sólidos: métodos e esquemas de representación.
Tema 7. Sistemas CAD/CAE/CAM. Sistemas para adquisición de datos das xeometrías reais. Prototipado rápido. 7.1. Sistemas CAx (Computer Aided Technologies).
7.2. Ferramentas CAD/CAM.
7.3. Ferramentas CAE no contexto da enxeñaría de deseño.
7.4. Realidade virtual: características e dispositivos. Aplicacións no campo da enxeñaría.
7.5. Dixitalización de formas. Proxectos de enxeñaría inversa.
7.6. Sistemas de prototipado rápido.

Tema 8. Introdución ao deseño industrial. 8.1. Deseño. Tipos. O deseño industrial (produto, comunicación e imaxe corporativa).
8.2. Metodoloxías para o deseño.
8.3. Etapas do proceso de deseño.
8.4. A creatividade no proceso de deseño.
8.5. Valoración de alternativas de deseño.
8.6. DfX (Design for X).

Tema 9. Introdución ao debuxo naval.
9.1. Clasificación de buques.
9.2. Introdución ás técnicas de representación de buques.
9.3. Dimensións e características principais dos buques.
9.4. Coeficientes adimensionais que caracterizan as formas do buque.
9.5. Elementos estruturais e construtivos.
Tema 10. Representación de buques. 10.1. Proxecto de construción do buque. Documentación e planos a desenvolver.
10.2. Plano de formas e liñas do buque.
10.3. Curva de áreas e sección mestra.
10.4. Marcas de calado.
10.5. Representación e anotación da estrutura e seccións do buque.
10.6. Planos xerais e de detalle da estrutura do buque. Coaderna mestra, desenvolvemento do forro exterior, seccións típicas, cubertas e bloques.
10.7. Disposición xeral do buque. Contornos, espazos, tanques, etc...
10.8. Planos de instalacións e maquinaria.
CONTIDOS PRÁCTICOS
Prácticas 1, 2 e 3. Modelado de sólidos e ensambles. Nas primeiras sesións de laboratorio o alumno aprenderá a xerar elementos tridimensionais utilizando as ferramentas habituais de modelado.
Práctica 4. Confección de documentación técnica (planos, proxectos, etc.). O obxectivo fundamental desta práctica é que o alumno aprenda a utilizar as ferramentas de confección da documentación técnica obtida a partir dos modelos e ensamblaxes realizadas anteriormente.
Práctica 5. Enxeñaría inversa. O obxectivo fundamental desta práctica é que o alumno realice a reconstrución tridimensional dun obxecto a partir de fotografías. O software pode ser elixido polo alumno, suxeríndose a posibilidade de empregar: Meshroom, Eyescloud, ReCap Prol e Agisoft Photoscan (ou Metashape). A reconstrución realizarase a partir de varias fotografías, xa que se se utiliza unha única fotografía non se conseguirá unha reconstrución fiel, senón unha aproximación.
Prácticas 6 e 7. Deseño e modelado dun Equipo de Protección Individual (EPI). O obxectivo fundamental destas prácticas consiste en deseñar e desenvolver un EPI en postos de operarios (caretas protectoras, lentes de protección, cascos, orelleiras, etc.) para a prevención e protección fronte aos accidentes laborais e danos para a saúde.
O alumno deberá realizar o modelo 3D do conxunto ensamblado e planos do mesmo.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000