Educational guide 2020_21
Centro Universitario da Defensa na Escola Naval Militar de Marín (Pontevedra)
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Enxeñaría gráfica
   Contidos
Tema Subtema
CONTIDOS TEORICOS .
Tema 1. Introdución aos gráficos de enxeñaría. 1.1. Tipos de gráficos en enxeñaría. Campos de aplicación. Gráficos para o deseño, a visualización e a comunicación. A linguaxe gráfica.
1.2. Sistemas gráficos. Tipos e estrutura dos ficheiros gráficos. Manexo da información. Xerarquías. Capas.
1.3. Modelos. Modelo xeométrico. Asociatividade da información.
1.4. Construcións gráficas empregadas en enxeñaría.
1.5. Diagramas e nomogramas.

Tema 2. Deseño mecánico e utilización de elementos de transmisión. 2.1. Condicións de utilización e montaxe de árbores e eixos, casquillos e rodamentos, poleas, rodas dentadas, cadeas de transmisión, cables, tensores, levas, cardans, flectores, amortiguadores, aisladores de vibracións.
2.2. Definición e representación de engrenaxes. Rodas dentadas. Representación convencional.
2.3. Definición e representación de rodamentos. Tipos de rodamentos. Representación convencional. Montaxe e freo. Tolerancias. Rótulas e cabezas de articulación con rótulas.
2.4. Estanqueidade. Estanqueidade estática e dinámica. Xuntas e Reténs. Compatibilidade cos líquidos.
Tema 3. Deseño estrutural.
3.1. Estudo de unións. Natureza das unións. Criterios para o deseño de unións: graos de liberdade. Métodos de realización de unións.
3.2. Utilización nos deseños de elementos de unión.Clasificación dos elementos de fixación. Estudo dos elementos de unión. Esforzos. Criterios de montaxe. Condicións específicas de utilización en deseño dos anteriores elementos de unión.
3.3. Deseño de unións permanentes. Soldadura, tipos e simboloxía empregada nos planos. Regras de deseño de pezas soldadas. Estudo de unións de chapas e perfís laminados. Consideracións de proxecto. Solucións máis frecuentes empregadas na realización de nós de estruturas metálicas. Remachado, tipos convencionais de remaches e sistemas especiais. Estudo de unións de chapas e perfís de uso aeronáutico.
Tema 4. Xestión da variabilidade; repercusión funcional das tolerancias. Análise e síntese de tolerancias. 4.1. A variabilidade asociada aos problemas de enxeñaría.
4.2. Variabilidade macro e micro xeométricas.
4.3. Tolerancias dimensionales e axustes. Especificación.
4.4. Tolerancias xeométricas. Especificación.
4.5. Referencias e sistemas de referencia.
4.6. Tolerancias de rugosidade superficial. Especificación.
4.7. Tolerancias estatísticas. Funcións de custo das tolerancias.
4.8. Análise de tolerancias e sínteses de tolerancias.
4.9. Combinación de tolerancias; repercusión no funcionamento da acumulación de tolerancias.
Tema 5. Especificación xeométrica de produtos. 5.1. Especificación xeométrica segundo ISO.
5.2. Cadeas de Normas ISO.
5.4. Matrices de Normas GPS.
Tema 6. Fundamentos dos gráficos por computador.
6.1. Transformacións xeométricas básicas.
6.2. Graficación de liñas: algoritmos básicos.
6.3. Modelado de superficies: implícitas, paramétricas, redes poligonales.
6.4. Modelado de sólidos: métodos e esquemas de representación.
Tema 7. Sistemas CAD/CAE/CAM. Sistemas para adquisición de datos das xeometrías reais. Prototipado rápido. 7.1. Sistemas CAx (Computer Aided Technologies).
7.2. Ferramentas CAD/CAM.
7.3. Ferramentas CAE no contexto da enxeñaría de deseño.
7.4. Realidade virtual: características e dispositivos. Aplicacións no campo da enxeñaría.
7.5. Dixitalización de formas. Proxectos de enxeñaría inversa.
7.6. Sistemas de prototipado rápido.

Tema 8. Introdución ao deseño industrial. 8.1. Deseño. Tipos. O deseño industrial (produto, comunicación e imaxe corporativa).
8.2. Metodoloxías para o deseño.
8.3. Etapas do proceso de deseño.
8.4. A creatividade no proceso de deseño.
8.5. Valoración de alternativas de deseño.
8.6. DfX (Design for X).

Tema 9. Introdución ao debuxo naval.
9.1. Conceptos xerais en Construción Naval.
9.2. Clasificación de buques.
9.3. Introdución ás técnicas de representación de buques.
9.4. Dimensións e características principais dos buques.
9.5. Coeficientes adimensionais que caracterizan as formas do buque.
9.6. Elementos estruturais e construtivos.
Tema 10. Representación de buques. 10.1. Proxecto de construción do buque. Documentación e planos a desenvolver.
10.2. Plano de formas e liñas do buque.
10.3. Curva de áreas e sección mestra.
10.4. Marcas de calado.
10.5. Representación e anotación da estrutura e seccións do buque.
10.6. Planos xerais e de detalle da estrutura do buque. Coaderna mestra, desenvolvemento do forro exterior, seccións típicas, cubertas e bloques.
10.7. Disposición Xeral do buque. Contornos, espazos, tanques, etc...
10.8. Planos de instalacións e maquinaria.
CONTIDOS PRÁCTICOS .
Prácticas 1, 2 e 3. Modelado de sólidos e ensambles. Nas primeiras sesións de laboratorio o alumno aprenderá a xerar elementos tridimensionais utilizando as ferramentas habituais de modelado.
Práctica 4. Confección de documentación técnica (planos, proxectos, etc.). O obxectivo fundamental desta práctica é que o alumno aprenda a utilizar as ferramentas de confección da documentación técnica obtida a partir dos modelos e ensamblaxes realizadas anteriormente.
Práctica 5. Enxeñaría inversa O obxectivo fundamental desta práctica é que o alumno realice a reconstrución tridimensional dun obxecto a partir de fotografías. O software pode ser elixido polo alumno, suxeríndose a posibilidade de empregar: Meshroom, Eyescloud, ReCap Prol e Agisoft Photoscan (ou Metashape). A reconstrución realizarase a partir de varias fotografías, xa que se se utiliza unha única fotografía non se conseguirá unha reconstrución fiel, senón unha aproximación.
Prácticas 6 e 7. Deseño e modelado dun Equipo de Protección Individual ( EPI) ou unha prótese ortopédica. O obxectivo fundamental destas prácticas deseñar e desenvolver un destes elementos (a definir polo alumnado):

• EPI en postos de operarios (caretas protectoras, lentes de protección, cascos, orelleiras, etc.) para a prevención e protección fronte aos accidentes laborais e danos para a saúde.
• Prótese ortopédicas. O alumno deberá realizar o modelo 3D do conxunto ensamblado e planos do mesmo.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000