Educational guide 2020_21
Centro Universitario da Defensa na Escola Naval Militar de Marín (Pontevedra)
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Elasticidade e ampliación de resistencia de materiais
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===

* Metodoloxías docentes que se modifican

Inclúese unha nova metodoloxía docente:

Sesión maxistral e/ou sesión práctica virtual síncrona: Impártese a través dunha plataforma de videoconferencia web. Cada aula virtual contén diversos paneis de visualización e compoñentes, nas que o deseño pódese personalizar para adaptarse mellor ás necesidades da clase. Na aula virtual, os profesores (e aqueles participantes autorizados) poden compartir a súa pantalla ou arquivos do ordenador, usar unha pizarra, chat, transmitir audio e vídeo ou participar en actividades interactivas en liña (enquisas, preguntas, etc.).

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)

As tutorías realizaranse nun despacho virtual do campus remoto da uvigo.

* Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir

Sección 6 CONTIDOS: As sesións dos laboratorios PL1, PL2, PL3 e PL6 desenvólvense empregando equipos presentes nos laboratorios. Estas prácticas, na medida do posible, serían substituídas por tarefas demostrativas, exercicios de resolución e / ou casos prácticos que permitan ao alumno alcanzar os obxectivos fixados para tales prácticas. As prácticas PL4 e PL5 requiren programas informáticos para levalos a cabo. Se a licenza dos programas e as capacidades dos equipos informáticos dos estudantes o permiten, estas prácticas manteranse ou adaptaranse para alcanzar os obxectivos establecidos para esas prácticas. A sesión de laboratorio PL7, por outra banda, permite a adaptación á modalidade en liña dun xeito máis sinxelo xa que está dirixida a reforzar o tema 6 resolvendo problemas mediante a aplicación de teoremas enerxéticos.

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===

* Probas que se modifican

Apartado 10: EVALUACIÓN: As probas de evaluación realizaranse combinando a plataforma de teledocencia FAITIC-Moodle e o Campus Remoto da Universidade de Vigo.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000