Guia docente 2023_24
Centro Universitario da Defensa da Escola Naval Militar de Marín
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Enxeñaría dos materiais
   Contidos
Tema Subtema
UNIDADE 1: PROPIEDADES MECÁNICAS DE MATERIAIS

Localización e duración: Semanas 1-2 [5 horas]

Obxectivos e desenvolvemento: Esta unidade ten como obxectivo estudar os principais criterios de selección de materiais, incluíndo propiedades tecnolóxicas e mecánicas. Para a súa aplicación en temas posteriores, introdúcese nesta unidade a localización, extracción e concentración dos metais na natureza.
1.1 CRITERIOS DE SELECCIÓN DE MATERIAIS
Introdución. Parámetros que inflúen no proceso de selección. Os materiais no proceso de deseño. Propiedades tecnolóxicas: Custo, subministración e transformación. Relación co usuario. Interacción coa contorna.

1.2 PROPIEDADES MECÁNICAS
Introdución. Relación esforzo-deformación. Comportamento elástico e plástico. Ductilidade. Dureza. Rotura

1.3 OBTENCIÓN DE MATERIAIS METÁLICOS
Introdución. Abundancia dos metais. Metais na natureza. Metalurxia: obtención do metal a partir dun dos seus minerais. Concentración da mena.
UNIDADE 2: MATERIAIS PARA FERRAMENTAS

Localización e duración: Semanas 3-4 [4 horas]

Obxectivos e desenvolvemento: Unha vez que se estudaron as operacións de metalurxia, estúdase a extracción e produción de aceiro, así como a obtención doutros materiais estruturais relevantes.
2.1 MATERIAIS ESTRUTURAIS: METAIS E ALIAXES
Introdución. Extracción de ferro e produción de aceiro. Clasificación dos aceiros. Aliaxes non ferrosas.

2.2 MATERIAIS PARA DEFENSA: ACEIROS PARA ARMADURAS; ALIAXES DE ALUMINIO, TITANIO E MAGNESIO

2.3 RECICLAXE DO ACEIRO E O SEU IMPACTO AMBIENTAL (UNE-EN 13437).
UNIDADE 3: MATERIAIS ESTRUTURAIS E DE CONSTRUCIÓN

Localización e duración: Semanas 5-6 [4 horas]

Obxectivos e desenvolvemento: Esta unidade profundiza en materiais de construción, principalmente na tecnoloxía de cementos e a madeira, así como os usos dos polímeros e cerámicas, no relativo ás materias primas, reaccións de formación ou degradación, entre outros.
3.1 O CEMENTO PORTLAND. TECNOLOXÍA DE CEMENTOS
Materias primas (auga, áridos, aditivos) e fabricación. Reaccións de hidratación, fraguado e endurecemento. Expansión e retracción. Resistencia mecánica. Normativa sobre inventario de emisións. Medidas en formigón fresco e endurecido. Dosificación en formigóns. Degradación e reciclado de cementos.

3.2 A MADEIRA
Estrutura, propiedades e principais madeiras. Tecnoloxía da madeira. Degradación e reciclado da madeira.

3.3 POLÍMEROS
Estrutura, propiedades e principais polímeros. Usos como materiais de construción. Degradación e reciclado dos polímeros.

3.4 CERÁMICOS
Estrutura, propiedades e principais materiais cerámicos. Usos como materiais de construción. Degradación e reciclado dos materiais cerámicos.
UNIDADE 4: DEGRADACIÓN DE MATERIAIS. TRATAMENTOS TÉRMICOS, TERMOQUÍMICOS E TERMOMECÁNICOS

Localización e duración: Semanas 6-8 [5 horas]

Obxectivos e desenvolvemento: Esta unidade analiza os fundamentos da corrosión de materiais, a importancia da obtención de microestructuras determinadas en aceiros e os tratamentos térmicos necesarios, así como tratamentos termoquímicos, con e sen cambio de composición do material de partida.
4.1 DEGRADACIÓN DE MATERIAIS. PROCESOS DE CORROSIÓN
Principios de corrosión. Tipos de corrosión. Termodinámica e cinética da corrosión. Protección contra a corrosión.

4.2 TRATAMENTOS TÉRMICOS
Introdución. Ciclo térmico. Normalizado e recocidos. Transformacións martensíticas: diagramas Tempo-Temperatura-Transformación (TTT). Temple. Revenido. Tratamentos isotérmicos: austemperizado, martemperizado, recocido isotérmico. Problemas xerados durante os tratamentos térmicos.

4.3 TRATAMENTOS TERMOQUÍMICOS E SUPERFICIAIS
Introdución. Modificación superficial, sen cambio de composición: Temple por chama, indución ou láser, endurecemento por transformación, fusión superficial. Modificación superficial, con cambio de composición: carburación, nitruración, carbonitruración. Tipos de recubrimientos: recubrimientos por inmersión, recubrimientos por electrodeposición, anodizado, recubrimientos cerámicos, deposición física de vapor, deposición química de vapor, proxección térmica. Preparación das superficies por tratamentos mecánicos: limpeza con disolventes, limpeza con ferramentas mecánicas.
UNIDADE 5: RESPOSTA DOS MATERIAIS SOMETIDOS A PROCESOS DE CONFORMADO POR FUNDICIÓN, DEFORMACIÓN PLÁSTICA, VISCOELÁSTICA E COMPACTACIÓN DE PÓS

Localización e duración: Semanas 8-10 [6 horas]

Obxectivos e desenvolvemento: Esta unidade analiza a resposta de diferentes materiais sometidos a distintos procesos de conformado, como a fundición de metais, a deformación plástica de metais, o moldeo, inxección e extrusión de polímeros e a pulvimetalurxia.
5.1 FUNDICIÓN
Fundamentos da fundición de metais

5.2 RESPOSTA DOS MATERIAIS AOS PRINCIPAIS PROCESOS DE DEFORMACIÓN PLÁSTICA

5.3 RESPOSTA DOS MATERIAIS AOS PRINCIPAIS PROCESOS DE DEFORMACIÓN VISCOELÁSTICA
Moldeo de polímeros

5.4 PULVIMETALURXIA
UNIDADE 6: TECNOLOXÍAS DA UNIÓN E A SOLDABILIDADE

Localización e duración: Semanas 11-12 [4 horas]

Obxectivos e desenvolvemento: Esta unidade analiza dúas tecnoloxías principais de unión de materiais, a unión mediante adhesivos e a unión mediante soldadura.
6.1 MATERIAIS ADHESIVOS

6.2 MATERIAIS PARA SOLDADURA
PRÁCTICAS DE LABORATORIO
(14 horas)
Práctica 1. Tratamentos superficiais de materiais: cataforese e limpeza electrolítica (2 horas)

Realízanse tratamentos de recuperación de superficies mediante protección con pinturas aplicadas mediante cataforese e eliminación de óxidos adheridos con limpeza electrolítica.

Práctica 2. Obtención de aluminio por aluminotermia e/ou electrolise (2 horas)

Estudanse procesos de concentración de metais a partir das menas mediante procesos de extracción. Utilizaranse as normas AENOR (base de datos accesible a través da Universidade de Vigo) para procuras relativas á tecnoloxía do aluminio. Como exemplo, proporanse procuras dalgunhas das seguintes normas e a consecuente resolución de cuestións:
. Características mecánicas do aluminio e as súas aliaxes (UNE-EN 683-2:2008)
. Anodizado do aluminio e as súas aliaxes (UNE 38019:2017)
. Chatarra do aluminio e as súas aliaxes (UNE-EN 12258-3:2004).
. Soldeo do aluminio e as súas aliaxes (UNE-EN ISO 9692-3:2016).

Práctica 3. Tecnoloxías de unión: avaliación de adhesivos (2 horas)

Determínanse as unións máis eficaces entre materiais mediante unións simples ou híbridas, en diferentes condicións ambientais. Utilizaranse as normas AENOR (base de datos accesible a través da Universidade de Vigo) para procuras relativas á tecnoloxía de adhesivos. Como
exemplo, proporanse procuras dalgunhas das seguintes normas e a consecuente resolución de cuestións:
. Cintas autoadhesivas (UNE-EN 12481:2002)
. Adhesivos para papel, cartón e embalaxes (UNE-CR 14376:2002 ou actualizacións)
. Adhesivos. Termos e definicións (UNE-EN 923:2016)
. Adhesivos para madeira (UNE-EN 14292:2005)
. Adhesivos estructurais para metais e plásticos (UNE-EN 13887:2004)

Práctica 4, 5 y 6. Avaliación de materiais de construción (formigóns) (6 horas)

Fabrícase formigón con diferentes composicións e estúdanse as súas propiedades en fresco e no material endurecido e analízase o Capítulo 8 (Propiedades Tecnolóxicas dos Materiais), Título 2 (Estructuras de formigón), do Código Estrutural (RD 470/2021). Trabállase en grupos a resolución dun problema máis complexo (proxecto), exposto de maneira que a súa realización necesite do traballo cooperativo de dous alumnos (ou tres alumnos, excepcionalmente).

Práctica 7. Exposición pública do proxecto (2 horas)

A última sesión de prácticas reservarase para a exposición oral por parte dos alumnos do proxecto realizado sobre avaliación de materiais da construción (formigóns).

O programa de prácticas poderá variar para axustarse ao ritmo das sesións de teoría e seminarios.
SEMINARIOS (7 horas) Ao longo do curso realizaranse ademais seminarios en pequenos grupos, de carácter aplicado, nos que se reforzarán os contidos expostos nas clases de teoría.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000