Guia docente 2023_24
Centro Universitario da Defensa da Escola Naval Militar de Marín
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Tecnoloxía electrónica
   Contidos
Tema Subtema
Electrónica dixital - Conceptos básicos de electrónica dixital.
- Valores lóxicos: lóxica positiva e lóxica negativa.
- Familias lóxicas: TTL, ECL, CMOS.
- Funcións binarias e bloques lóxicos básicos.
- Táboa da verdade.
- Gráfico de Karnaugh.
- Circuítos integrados básicos.
- Deseño de sistemas dixitais combiancionais básicos
Amplificadores operacionais - Conceptos básicos.
- Amplificador diferencial e amplificador operacional.
- O amplificador operacional: termináis, realimentación, curtocircuíto virtual.
- Montaxes con amplificadores operacionais: amplificador inversor, amplificador non inversor, circuíto amplificador sumador inversor, circuíto amplificador diferencial, circuíto amplificador integrador, circuíto amplificador derivador.
- Deseño desistemas analóxicos basados en amplificadores operacionais.
O diodo - Conceptos básicos.
- Semicondutores.
- O diodo.
- O diodo zéner.
- Outros tipos de diodos: LED, fotodiodo, etc.
- Aplicacións do diodo.
Transistores de unión bipolar - Estrutura do transistor bipolar.
- Funcionamento do transistor bipolar.
- Polarización do transistor bipolar.
- O punto de traballo.
- Aplicacións do transistor de unión bipolar.
Transistores de efecto de campo - Estrutura do transistor de efecto de campo.
- Función do transistor de efecto de campo.
- Tipos de transistores de efecto de campo: empobrecemento e enriquecemento.
- Polarización do transistor de efecto de campo.
- Aplicacións do transistor de efecto de campo: conmutación, electrónica de potencia, electrónica dixital.
Amplificadores de pequeno sinal - Concepto de ganancia: Amplificador de tensión, amplificador de corrente.
- Resistencia de entrada.
- Resistencia de saída.
- Modelo de pequeno sinal do transistor de unión bipolar.
- Modelo de pequeno sinal do transistor de efecto de campo.
Aplicacións da tecnoloxía electrónica - Dispositivos electrónicos de adquisición de datos.
- Sensores e actuadores.
- Convertidores analóxico-dixitais.
- Deseño de sistemas analóxicos e dixitais.
- Comunicacións industriais
Práctica 1: Simulación de circuítos Esta práctica ten como obxectivo a familiarización do alumno co software de simulación de circuítos electrónicos Autodesk Tinkercad para realizar montaxes con elementos electrónicos dixitais centrados na resolución de problemas básicos de enxeñaría. Este software servirá para complementar as montaxes do laboratorio durante as sesións prácticas 3 a 6, permitindo un primeiro contacto dun xeito máis accesible e sinxelo antes de transferir o esquema simulado ao prototipo real.
Práctica 2: Aplicacións con dispositivos de electrónica dixital Esta práctica ten como obxectivo que o alumno sexa capaz de deseñar, montar e comprobar un circuíto electrónico dixital básico, baseado en sistemas combinacionais. Preténdese con iso fomentar o empleo de estes dispositivos para resolver problemas interdisciplinares de enxeñaría e estimular o razoamento lóxico asociado a este tipo de problemas, onde o alumno deberá ser capaz de extraer o comportamento dixital dun sistema, dadas unha serie de especificacións de deseño.
Práctica 3: Circuitos electrónicos básicos con amplificadores operacionais O obxectivo principal desta práctica é familiarizar ao alumno cos amplificadores operacionais e observe a utilidade destes dispositivos na resolución de problemas de enxeñaría. Para isto, levaranse a cabo diferentes montaxes con estes amplificadores operacionais onde o alumno pode comprobar o funcionamento dos amplificadores operacionais no laboratorio baixo diferentes condicións. Estas montaxes tamén servirán para que o alumno razoe como debe montar diferentes conxuntos para obter unha función de transferencia determinada, que se pode aplicar en multitude de campos de enxeñaría.
Práctica 4: Circuítos electrónicos básicos con diodos Esta práctica ten como obxectivo a familiarización do alumno co equipo de instrumentación do Laboratorio de Electrónica mediante a montaxe e medición de circuítos básicos con diodos, como son os circuítos rectificadores (de media onda e de onda completa), así como diferentes configuracións de circuítos recortadores de sinal. Da mesma forma, fomentarase a utilización de software de simulación de circuítos, de maneira que se poida simular de forma previa o funcionamento do circuíto a ensamblar.
Práctica 5: Circuítos electrónicos básicos con transistores O obxectivo fundamental desta práctica é que o alumno comprenda os conceptos de punto de traballo dun transistor, así como as diferentes zonas de funcionamento (activa, corte saturación). Para iso, levará a cabo a realización de diferentes circuítos sinxelos en corrente continua con transistores bipolares para que o alumno tome consciencia das posibilidades que ofrecen estos dispositivos para seren aplicados en proyectos multidisciplinares.
Práctica 6: Deseño de sistemas complexos analóxicos con amplificadores Esta práctica ten como obxectivo que o alumno sexa capaz de deseñar, montar e comprobar un circuíto de amplificación de varias etapas, combinando distintos tipos de amplificadores (pequeno sinal, operacionais, etc.), observando as diferenzas que existen entre eles. Para elo, diseñarase o amplificador e realizarase unha montaxe de forma incremental incorporando progresivamente os elementos (preamplificación, amplificación, adaptación de impedancias, etc.) á vez que se realizan as medidas oportunas co equipamento de instrumentación dispoñible no laboratorio. Do mismo modo, faise comprender o alumno a utilidade deste tipo de montaxes e a sua interconexión con outros conceptos da enxeñaría como, por exemplo, o tratamento de sinais de distintos dispositivos ou sensores e adaptar os niveis de tensión ou intensidad para operar con eles dunha forma eficiente.
Práctica 7: Proba práctica de laboratorio Trátase dunha proba onde se avaliará a capacidade adquirida polo alumno para a simulación e montaxe de circuítos electrónicos e a verificación do seu funcionamento cos instrumentos empregados nas prácticas. A proba constará de dúas partes: a primeira estará dedicada á simulación no programa Tinkercad, e a segunda consistirá na montaxe e validación dun circuíto electrónico proposto, que incluirá varios compoñentes tratados durante o resto de sesións de laboratorio.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000