Educational guide 2020_21
Centro Universitario da Defensa na Escola Naval Militar de Marín (Pontevedra)
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Tecnoloxía electrónica
   Contidos
Tema Subtema
Electrónica dixital - Conceptos básicos de electrónica dixital.
- Valores lóxicos: lóxica positiva e lóxica negativa.
- Familias lóxicas: TTL, ECL, CMOS.
- Funcións binarias e bloques lóxicos básicos.
- Táboa da verdade.
- Gráfico de Karnaugh.
- Circuítos integrados básicos.
- Deseño de sistemas dixitais combiancionais básicos
Amplificadores operacionais - Conceptos básicos.
- Amplificador diferencial e amplificador operacional.
- O amplificador operacional: termináis, realimentación, curtocircuíto virtual.
- Montaxes con amplificadores operacionais: amplificador inversor, amplificador non inversor, circuíto amplificador sumador inversor, circuíto amplificador diferencial, circuíto amplificador integrador, circuíto amplificador derivador.
- Deseño desistemas analóxicos basados en amplificadores operacionais.
O diodo - Conceptos básicos.
- Semicondutores.
- O diodo.
- O diodo zéner.
- Outros tipos de diodos: LED, fotodiodo, etc.
- Aplicacións do diodo.
Transistores de unión bipolar - Estrutura do transistor bipolar.
- Funcionamento do transistor bipolar.
- Polarización do transistor bipolar.
- O punto de traballo.
- Aplicacións do transistor de unión bipolar.
Transistores de efecto de campo - Estrutura do transistor de efecto de campo.
- Función do transistor de efecto de campo.
- Tipos de transistores de efecto de campo: empobrecemento e enriquecemento.
- Polarización do transistor de efecto de campo.
- Aplicacións do transistor de efecto de campo: conmutación, electrónica de potencia, electrónica dixital.
Amplificadores de pequeno sinal - Concepto de ganancia: Amplificador de tensión, amplificador de corrente.
- Resistencia de entrada.
- Resistencia de saída.
- Modelo de pequeno sinal do transistor de unión bipolar.
- Modelo de pequeno sinal do transistor de efecto de campo.
Aplicacións da tecnoloxía electrónica - Dispositivos electrónicos de adquisición de datos.
- Sensores e actuadores.
- Convertidores analóxico-dixitais.
- Deseño de sistemas analóxicos e dixitais.
- Comunicacións industriais
Práctica 1: Electrónica dixital Esta práctica ten como obxectivo que o alumno sexa capaz de deseñar, montar e comprobar un circuíto electrónico dixital básico, baseado en sistemas combinacionais. Preténdese con iso fomentar o razoamento lóxico asociado a este tipo de problemas, onde o alumno deberá ser capaz de extraer o comportamento dixital dun sistema, dadas unha serie de especificacións.
Práctica 2: Amplificadores operacionais O obxectivo fundamental desta práctica é que o alumno comprenda a diferenza entre o funcionamento dun amplificador operacional e un amplificador de pequeno sinal. Para iso, realizaranse diferentes montaxes con amplificadores operacionais, e analizaranse as diferenzas entre ambos.
Práctica 3: Simulación de circuítos electrónicos dixitais e analóxicos Esta práctica ten como obxectivo a familiarización do alumno co software de simulación de circuítos electrónicos PSIM, así como co simulador de sistemas dixitais para realización de montaxes con amplificadores operacionais e sistemas combinacionais, respectivamente.
Práctica 4: Montaxe e medición de circuítos electrónicos básicos con diodos Esta práctica ten como obxectivo a familiarización do alumno co equipo de instrumentación do Laboratorio de Electrónica mediante a montaxe e medición de circuítos básicos con diodos, como son os circuítos rectificadores (de media onda e de onda completa), así como diferentes configuracións de circuítos recortadores de sinal. Da mesma forma, fomentarase a utilización de software de simulación de circuítos, de maneira que se poida simular de forma previa o funcionamento do circuíto a ensamblar.
Práctica 5: Montaxe e medición de circuítos electrónicos básicos con transistores O obxectivo fundamental desta práctica é que o alumno comprenda os conceptos de punto de traballo dun transistor, así como as diferentes zonas de funcionamento (activa, corte saturación). Para iso, levará a cabo a realización de diferentes circuítos sinxelos en corrente continua con transistores bipolares, así como a simulación dos mesmos en software específico para iso.
Práctica 6: Simulación de circuítos electrónicos con diodos e transistores Esta práctica ten como obxectivo a familiarización do alumno co software de simulación de circuítos electrónicos PSIM, para a realización de circuítos non lineais con diodos e análises do punto de traballo de transistores de unión bipolar e efecto de campo. Introduciranse así mesmo os amplificadores de pequeno sinal no simulador, para que o alumno comprenda o seu funcionamento.
Práctica 7: Deseño de amplificadores Esta práctica ten como obxectivo que o alumno sexa capaz de deseñar, montar e comprobar un circuíto de amplificación de varias etapas, combinando distintos tipos de amplificadores (pequeno sinal, operacionais, etc.) e utilizando adaptación de impedancias. Para iso, deseñarase o amplificador e realizarase a montaxe de forma incremental incorporando progresivamente os elementos (preamplificación, amplificación, adaptación de impedancias, etc.) á vez que se realizan as medidas oportunas co equipamento de instrumentación dispoñible no laboratorio.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000