Educational guide 2020_21
Centro Universitario da Defensa na Escola Naval Militar de Marín (Pontevedra)
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Tecnoloxía medioambiental
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Nas clases de teoría explícanse os fundamentos de cada tema. Ademais da información publicada na plataforma de teledocencia, que contén os documentos coa presentación dos tema, os alumnos dispoñen na bibliografía recomendada dos contidos de cada tema estudado cun desenvolvemento máis pormenorizado.
Prácticas de laboratorio Nas clases prácticas aplicaranse os conceptos desenvolvidos de cada tema á resolución de problemas. Deseñáronse unha serie de prácticas acorde co contido da materia de teoría co fin de fixar conceptos explicados nesa clase e así o alumno vaia adquirindo a súa habilidade para expor solucións técnicas, e ir desenvolvendo a súa creatividade.
Resolución de problemas O alumno deberá resolver exercicios e problemas que serán exposto e corrixidos polo profesor/a. Así mesmo, exporánselles exercicios para realizar de maneira individualizada.
Seminario Curso intensivo de 15 horas para aqueles alumnos que suspenderon a materia en primeira
convocatoria, previo ao exame en segunda convocatoria. Tutorías en grupo co profesor.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000