Educational guide 2020_21
Centro Universitario da Defensa na Escola Naval Militar de Marín (Pontevedra)
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Tecnoloxía medioambiental
   Contidos
Tema Subtema
TEMA 1: INTRODUCIÓN: IMPORTANCIA DA TECNOLOXÍA AMBIENTAL NA SOCIEDADE 1. Contaminación e impactos ambientais
2. Fitos na protección do medioambiente
3. Catástrofes ambientais
TEMA 2: PRINCIPAIS OPERACIÓNS UNITARIAS EMPREGADAS EN TECNOLOXÍA AMBIENTAL 1. Introdución ás operacións unitarias: concepto e clasificación
2. Operacións de separación controladas pola transferencia de materia
3. Operacións de separación controladas pola transferencia de enerxía
4. Operacións de separación controladas pola transferencia de materia e enerxía
5. Operacións de separación controladas polo transporte de cantidade de movemento
6. Operacións de separación mediante membranas
TEMA 3: BALANCES DE MATERIA EN PROCESOS DE ENXEÑARÍA AMBIENTAL 1. Balances de materia en estado estacionario con e sen reacción química
2. Balances de materia en estado non estacionario con e sen reacción química
TEMA 4: CONTAMINACIÓN ATMOSFÉRICA 1. Introdución
2. Tipos de contaminantes
3. Efectos da contaminación atmosférica
4. Tratamentos de emisións contaminantes
TEMA 5: CONTAMINACIÓN DA AUGA 1. Introdución
2. Tipos de contaminantes
3. Indicadores da contaminación da auga
4. Tratamento de augas residuais
TEMA 6: CONTAMINACIÓN DE CHANS 1. Introdución
2. Tipos de contaminantes
3. Técnicas de descontaminación de chans
TEMA 7: INTRODUCIÓN AO TRATAMENTO DE RESIDUOS 1. Introdución
2. Tipos de residuos sólidos
3. Tratamento de residuos sólidos
TEMA 8: IMPACTO E XESTIÓN AMBIENTAL 1. Introdución ás técnicas de avaliación de impacto ambiental
2. Análise do ciclo de vida
3. Sistema de xestión ambiental
4. Prevención e control da contaminación industrial: directiva IPPC e regulamento PRTR
Práctica 1. Sedimentación Esta práctica ten como obxectivo determinar a velocidade de sedimentación de partículas contidas nunha auga residual para poder deseñar un sedimentador.
Práctica 2: Coagulación - Floculación Para mellorar a eficiencia de sedimentación durante a depuración de augas residuais, en moitos casos, é necesario realizar previamente unha coagulación seguida dunha floculación. Estes procesos optimízanse no laboratorio.
Práctica 3: Análise de principais contaminantes de augas residuais Nesta práctica mídense experimentalmente parámetros determinantes na contaminación dunha auga, como poden ser a demanda química de osíxeno e a concentración de sulfatos, fosfatos e cloruros.
Práctica 4: Determinación do contido en sólidos dunha auga Compleméntase o obxectivo da práctica anterior, determinando o contido en sólidos dunha auga contaminada.
Práctica 5: Extracción con disolventes Coa finalidade de que o alumno se familiarice cos procesos químicos utilizados para a separación de contaminantes dun chan, realizarase esta práctica de extracción sólido-líquido.
Práctica 6: Introdución ao software de simulación DWSIM Nesta práctica empregarase a ferramenta de simulación de procesos químicos, de código aberto e descarga libre DWSIM. O alumno familiarizarase coa contorna de simulación e realizará diferentes exemplos como reactores de conversión, reactores de equilibrio, condensadores e columnas de destilación simples.
Práctica 7: Clasificación e etiquetaxe de residuos Esta práctica ten como obxectivo que os alumnos se familiarizan coa normativa relacionada coa clasificación e etiquetaxe de residuos, tanto perigosos como non perigosos. Ademais, abordarase a importancia da clasificación de residuos para a seguridade e saúde do traballador e para a sociedade en xeral.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000