Educational guide 2020_21
Centro Universitario da Defensa na Escola Naval Militar de Marín (Pontevedra)
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Tecnoloxía medioambiental
   Plan de Continxencias
 
Descrición
MODIFICACIÓNS EN CASO DE SITUACIÓNS QUE IMPLIQUEN A SUSPENSIÓN DA ACTIVIDADE ACADÉMICA PRESENCIAL

==ADAPTACIÓN DE CONTIDOS==

As prácticas 1-5 están deseñadas para seren realizadas en laboratorios, xa que requiren de equipos, reactivos e materiais específicos. Co fin de que o alumnado obteña as competencias asociadas a ditas prácticas, na medida do posible, impartiranse mediante contidos demostrativas, empregando visitas virtuais, vídeos e outros medios audiovisuais. Ademais, algunha delas poderase complementar con pequenas experiencias domésticas. Ao mesmo tempo, proporcionaráselle ao alumno/a datos que simulen os que poderían obter experimentalmente no laboratorio, para que poidan procesalos e extraer conclusións. No caso de que non fose posible realizar algunha destas prácticas de forma demostrativa, realizaranse prácticas similares á 6, reforzando conceptos de deseño de procesos e equipos para o tratamento de contaminantes mediante softwares informáticos.
A orde dos contidos prácticos poderase ver alterado para favorecer a súa adaptación á modalidade non presencial, o que pode levar tamén alteracións na orde de impartición dalgún tema teórico.

==ADAPTACIÓN DA METODOLOXÍA DOCENTE==

Engádese unha nova metodoloxía docente:
Sesión maxistral e/ou sesión práctica virtual síncrona: impártese a través dunha plataforma de videoconferencia web. Cada aula virtual contén diversos paneis de visualización e compoñentes, cuxo deseño se pode personalizar para que se adapte mellor ás necesidades da clase. Na aula virtual, os profesores (e aqueles participantes autorizados) poden compartir a pantalla ou arquivos do seu equipo, empregar unha lousa, chatear, transmitir audio e vídeo ou participar en actividades en liña interactivas (enquisas, preguntas, etc.)

==ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN==

As probas de avaliación realizaranse combinando a plataforma de teledocencia FAITIC-Moodle e o Campus Remoto da Universidade de Vigo.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000