Educational guide 2020_21
Centro Universitario da Defensa na Escola Naval Militar de Marín (Pontevedra)
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Fundamentos de electrotecnia
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral A cualificación final determinarase a partir das cualificacións obtidas en:

1. Avaliación continua, mediante a valoración dos traballos prácticos e actividades propostas ao longo do curso.

2. Avaliación final, mediante exames realizados nas convocatorias e datas fixadas pola Universidade e o Centro.

No marco da avaliación continua, en primeiro lugar realizarase un primeiro exame parcial teórico dos contidos vistos até o momento (circuítos de corrente continua e alterna). Esta proba suporá o 15% do total da nota final de avaliación continua, non existindo nota mínima nesta proba.

Antes do exame final da materia, realizarase un segundo exame parcial teórico cos contidos relativos a sistemas trifásicos e máquinas eléctricas vistas até ese momento. Esta proba suporá o 15% do total da nota final de avaliación continua, non existindo nota mínima nesta proba.

Ao longo do cuadrimestre, realizaranse, en distintos momentos, cuestionarios curtos para comprobar o seguimento e compromiso coa materia por parte do alumno. As probas realizaranse con apoio da plataforma de teledocencia da materia. Estas probas suporán en total un 10% da nota final de avaliación continua, non habendo nota mínima.

Ao finalizar o cuadrimestre realizarase un exame final que abarcará a totalidade dos contidos da materia, tanto teóricos como prácticos, e que poderá incluír probas tipo test, preguntas de razoamento, resolución de problemas e desenvolvemento de casos prácticos.

O exame, que suporá o 40% da nota final de avaliación continua, basearase na avaliación da aprendizaxe baseada en problemas das partes do Bloque I: Teoría de Circuítos (corrente continua, corrente alterna e corrente trifásica) e o Bloque II: Máquinas Eléctricas. Estará distribuído en problemas e/ou preguntas teóricas, que poden versar sobre a teoría e seminarios vistos en aula ou sobre as prácticas vistas no laboratorio.

Para poder superar a materia, esixirase unha nota de 5.0 puntos sobre 10 no cómputo da Nota final de Avaliación Continua (NEC). Adicionalmente esíxese:

- Un mínimo do 40% da puntuación asignada ao Bloque I (Teoría de Circuítos)

- Un mínimo do 40% da puntuación asignada ao Bloque II (Máquinas Eléctricas)

Aqueles alumnos que non alcancen os mínimos establecidos nalgunha das dúas partes, deberán presentarse ao Exame Ordinario. Neste caso, a súa Nota final de Avaliación Continua (NEC) calcularase como:

NEC = min {4.0, NEC}
80 B3
C10
D1
D2
D14
D16
Prácticas de laboratorio As prácticas avaliaranse atendendo ao traballo realizado polo alumno durante as sesións de prácticas e valorando os informes técnicos elaborados ao finalizar cada unha delas. A nota deste bloque de prácticas representará o 20% do total da nota final de avaliación continua. O alumno debe alcanzar un 40% da puntuación asignada ás prácticas de cada un dos bloques da materia. 20 B3
C10
D1
D6
D10
D16
D17
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Plan de garantías de cualificación

Plan de recuperación da cualificación final en Primeira Convocatoria

Este plan consiste no dereito a realizar un novo exame, denominado Ordinario, nas datas fixadas polo centro, cuxa cualificación substituirá, de ser maior, á obtida previamente e computará para todos os efectos no cálculo da nota final de primeira convocatoria. Accederán a este exame aqueles alumnos que:

  • Non superen a materia durante a Avaliación Continua (NEC < 5.0)
  • Desexen mellorar a cualificación obtida polo método de Avaliación Continua.
  • Incumpran o compromiso ético detallado posteriormente.

O exame ordinario basearase na avaliación da aprendizaxe baseada en problemas das partes do Bloque I: Teoría de Circuítos (corrente continua, corrente alterna e corrente trifásica) e o Bloque II: Máquinas Eléctricas. A parte de prácticas tamén será avaliada cunha proba baseada na ferramenta de simulación de circuítos e máquinas que se empregará durante o curso. O exame ordinario conterá unha parte teórica e unha parte práctica. O alumno superará a materia cando a Nota do Exame Ordinario (NEO) sexa maior ou igual a 5.0 puntos sobre 10, sendo ademais necesario superar os mínimos establecidos na seguinte táboa:


Nota Mínima

Teoría (T)

80%

Bloque I

40%

Bloque II

40%

Prácticas (P)

20%

Bloque I+II

40%


Unha vez superados os mínimos de cada unha das partes, a Nota do Exame Ordinario (NEO) calcularase como:

NEO = 0,8·T + 0,2·P 

No caso de que os mínimos non se superen, a nota do exame ordinario calcularase como:

NEO = min {4.0, NEO} 

Finalmente, a correspondente Nota de Primeira Convocatoria (NPC) calcularase a partir da Nota do Exame Ordinario (NEO) e a Nota do exame de Avaliación Continua (NEC) como:

NPC = max {NEC, NEO}

Plan de recuperación da cualificación final en Segunda Convocatoria

Os alumnos que non superen a materia durante a primeira convocatoria teñen dereito novamente a un segundo exame, denominado Extraordinario ou de Segunda Convocatoria, nas datas fixadas polo centro. Enténdese que a nota obtida no exame substitúe, en caso de ser superior, á obtida no exame ordinario ou de primeira convocatoria.

Este exame conterá unha parte práctica, ademais da parte teórica. O sistema de avaliación rexerase polos mesmos baremos e ponderacions que os establecidos para o exame ordinario, polo que o alumno superará a materia cando, a Nota do Exame Extraordinario (NEE) sexa maior ou igual a 5.0 puntos sobre 10, sendo ademais necesario superar os mínimos establecidos na táboa anterior.

Unha vez superados os mínimos de cada unha das partes, a Nota do Exame Extraordinario (NEE) calcularase como:

NEE = 0,8·T   0,2·P

No caso de que os mínimos non se superen, a nota do exame extraordinario calcularase como:

NEE = min {4.0, NEE}

Plan de mellora da cualificación final

Todos e cada un dos alumnos poden acceder a un plan para mellorar a súa cualificación final.

O plan de mellora consiste no dereito a realizar un novo exame, coincidente co exame ordinario ou de primeira convocatoria, nas datas fixadas polo centro, cuxa cualificación substituirá á obtida previamente, a condición de que esta sexa maior que a xa obtida, e computará para todos os efectos como única referencia no cálculo da nota final.

Enténdese que a nota obtida no exame, en caso de ser superior á obtida mediante a avaliación continua da materia ao longo do cuadrimestre, substitúe á agregación das notas das probas parciais de avaliación continua, as notas de prácticas, as notas dos cuestionarios curtos e o exame final da materia.

Compromiso ético

Si detéctase un comportamento pouco ético (copia, plaxio, uso de dispositivos electrónicos non autorizados ou outros), xa sexa durante unha proba escrita ou na realización de informes de prácticas, será penalizada da seguinte maneira:

Avaliación continua: Dada a diversa metodoloxía didáctica seguida para avaliar cada un dos dous bloques que compoñen a materia, teranse en conta diferentes consideracións. Desta forma:

  • Probas puntuables (exames parciais, cuestionarios curtos e exame final): Eliminaranse automaticamente todos os puntos conseguidos até o momento, sen posibilidade de recuperación, quedando excluído do método de avaliación continua. O alumno deberá superar a materia no exame ordinario.
  • Memorias de prácticas: todos os alumnos implicados na copia total ou parcial dunha memoria (baixo criterio dos profesores da materia), serán penalizados na nota final do bloque de prácticas cunha cualificación de 0,0.

Exame ordinario: Cualificarase cun 0 en todas as partes do exame, debendo presentarse obrigatoriamente ao exame extraordinario.

Exame extraordinario: Cualificarase cun 0 en todas as partes do exame.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000