Educational guide 2020_21
Centro Universitario da Defensa na Escola Naval Militar de Marín (Pontevedra)
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Fundamentos de electrotecnia
   Plan de Continxencias
 
Descrición
Ante a posible aparición de situacións extraordinarias que impliquen a suspensión da actividade docente presencial e o cambio a un escenario non presencial/online, levarán a cabo os seguintes cambios:

CONTIDOS
Programación: créditos teóricos

A impartición dos contidos teóricos da materia non debería verse afectada o traslado a modalidade non presencial-online. No caso de que o número de horas a impartir sufrise unha redución considerable, adaptaranse os contidos de cada un dos temas de maneira que se garanta a consecución dos resultados de aprendizaxe e competencias.

Programación: créditos prácticos

Cando corresponda, no apartado de contidos prácticos, proporase a substitución dalgunha práctica de laboratorio que non se poida trasladar ao escenario virtual.
Ante unha situación extraordinaria exponse a substitución das sesións de laboratorio polas seguintes:

Práctica 1: Introdución a PSIM e simulación de circuítos básicos de exemplo
Esta práctica ten como obxectivo a familiarización do alumno co software de simulación PSIM. Este software caracterízase pola súa sinxeleza, permite montar un circuíto e comprobar o seu funcionamento dunha maneira fácil e rápida. Nesta práctica introducirase ao alumno no uso deste software con exemplos e exercicios propostos.

Práctica 2: Simulación de circuítos de corrente continua
Esta práctica ten como obxectivo realizar circuítos máis avanzados que a anterior práctica e comprobar o funcionamento destes co software PSIM. Nesta práctica o alumno poderá comprobar conceptos introducidos nas clases maxistrais como a lei de Ohm, teorema de Thevenin, teorema de Boucherot, etc.

Práctica 3: Simulación e medida de circuítos de
AC Nesta práctica introdúcense de elementos pasivos non resistivos nas simulacións de circuítos eléctricos, como son bobinas e condensadores.

Práctica 4: Simulación de circuítos PSIM en AC
O alumno continuará coa análise de circuítos de alterna co simulador de circuítos eléctricos e introdúcense elementos de medida de potencia, factor de potencia, etc.

Práctica 5: Práctica de sistemas trifásicos
O alumno aprenderá a analizar circuítos trifásicos de alterna mediante o software
de simulación de circuítos PSIM, ampliando os conceptos vistos en prácticas anteriores e recalcando as diferenzas entre os sistemas trifásicos e os monofásicos.

Práctica 6: Simulación de ensaios sobre transformador monofásico
O obxectivo desta práctica é que o alumno coñeza as características principais dun transformador monofásico. Para iso, determinará mediante simulación coa ferramenta PSIM, os parámetros que rexen o seu funcionamento, recorrendo á realización dos denominados ensaios sen carga e en curtocircuíto. O alumno ha de ser capaz de realizar a montaxe adecuada para a realización dos mesmos, medindo tensións, correntes e potencias.

A partir do resultado das medicións simuladas o alumno ha de ser capaz de interpretar os datos obtidos e sacar deles a información necesaria para coñecer e cuantificar as diferentes perdas de potencia nun transformador real. Con estes datos debe construír o modelo equivalente dun transformador real.

Práctica 7: Simulación de comportamento da máquina asíncrona trifásica
O obxectivo desta práctica é que o alumno sexa capaz de verificar o comportamento dunha máquina asíncrona trifásica, realizando a súa conexión simulada á rede, obtendo a súa corrente, potencia e par nominal, e determinando a súa curva característica de par-velocidade. Por último comprobará o funcionamento da maquina nos seus distintos modos.

METODOLOXÍA DOCENTE
Incorporarase unha nova metodoloxía docente ás xa existentes:

Sesión maxistral e/ou sesión práctica virtual síncrona:

Estas sesións impartiranse a través dunha plataforma de videoconferencia web dentro dunha aula virtual. Cada aula virtual conterá diversos paneis de visualización e compoñentes, cuxo deseño pode ser personalizado polo docente para adaptalo ás necesidades da clase. Na aula virtual, calquera presentador poderá compartir a pantalla ou arquivos do seu equipo, empregar unha lousa, chatear, transmitir audio e vídeo ou participar en actividades en liña interactivas (enquisas, preguntas, etc.).

AVALIACIÓN DA APRENDIZAXE
Ante un cambio de escenario motivado pola aparición de situacións extraordinarias, a avaliación da aprendizaxe manterase inalterada con respecto ao descrito con anterioridade nesta guía docente en canto a contidos, ponderacions, mínimos esixidos, tipo e número de probas.
A única diferenza terá lugar no formato de avaliación, que na modalidade online terá lugar combinando a plataforma de teledocencia FAITIC-Moodle co Campus Remoto da Universidade de Vigo (e/ou plataformas similares).
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000