Educational guide 2020_21
Centro Universitario da Defensa na Escola Naval Militar de Marín (Pontevedra)
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Termodinámica e transmisión da calor
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Nas clases de teoría explícanse os fundamentos de cada tema. Os alumnos dispoñen na bibliografía dos libros de texto recomendados onde se atopa desenvolvido o tema que se está estudando, ademais da información da web que contén o arquivo coa presentación do tema.
Prácticas de laboratorio Nas clases prácticas aplicaranse os conceptos desenvolvidos en cada tema á resolución de problemas. Deseñáronse unha serie de prácticas acorde co desenvolvemento da materia de teoría co fin de fixar conceptos explicados nesa clase e así o alumno vaia desenvolvendo a súa habilidade para expor solucións técnicas, e ir desenvolvendo a súa creatividade
Seminario Trátase dun curso intensivo que se realiza ao final do mes de xullo destinado aos alumnos que non superaron a materia en primeira convocatoria, cuxos obxectivos son por unha banda, a consolidación, co adecuado rigor conceptual e formal, de coñecementos previamente adquiridos ao longo do curso, e, por outra, o establecemento das bases necesarias para o estudo ulterior doutras disciplinas, de carácter básico ou fundamental.
Realízase de forma presencial en en sesións de traballo en clase. Alí abordarase a resolución de dúbidas e problemas relacionados cos contidos teóricos da materia.
Resolución de problemas Ao alumno proporánselle exercicios e problemas que deberá resolver e que serán corrixidos e avaliados polo profesor/a. Actividade na que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa materia. O alumno debe desenvolver a análise e resolución dos problemas e/ou exercicios de forma autónoma.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000