=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Modificacións en caso de situacións extraordinarias que impliquen a suspensión da actividade académica presencial
=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
Sesión maxistral e sesión práctica virtual síncrona: Impártese a través dunha plataforma de videoconferencia web. Cada aula virtual contén diversos paneis de visualización e compoñentes e un deseño que podese personalizar para que se adapte mellor ás necesidades da clase. Na aula virtual, os profesores (e aqueles participantes autorizados) poden compartir a pantalla ou arquivos do seu equipo, empregar un encerado, chatear, transmitir audio e vídeo ou participar en actividades en liña interactivas (enquisas, preguntas, etc.).
=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
As probas de avaliación realizaríanse combinando a plataforma de teledocencia FAITIC-Moodle e o Campus Remoto da Universidade de Vigo. |