Educational guide 2020_21
Centro Universitario da Defensa na Escola Naval Militar de Marín (Pontevedra)
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Química: Química
   Contidos
Tema Subtema
NOTA informativa Debido a circunstancias sobrevindas no curso 2020-2021 (atraso na data de incorporación dos alumnos de novo ingreso e necesidade de destinar tres semanas a un curso cero de nivelación de coñecementos matemático-físicos que permita iniciar o curso con garantías), programarase o 85% das 150 horas correspondentes a unha materia de 6 *ECTS: 128 horas.
BLOQUE 1 (B1): QUÍMICA ELEMENTAL (6 horas)
B1-1. Teoría atómica e estrutura da materia.(2 horas)
Introdución á estrutura atómica.
Periodicidade das estruturas.
Características do átomo: Número atómico e masa atómica. Isótopos.
Períodos e grupos. A clasificación de Mendeléev.
Periodicidade das propiedades: Volume atómico, enerxía de ionización, afinidade electrónica e electronegatividade.
Química nuclear.
BLOQUE 1 (B1): QUÍMICA ELEMENTAL (6 horas)
B1-2. Enlace Químico.(2 horas)
Introdución ó enlace químico.
Enlace covalente: Notación de Lewis.
Teoría do enlace de valencia.
Enlace iónico.
O enlace metálico.
BLOQUE 1 (B1): QUÍMICA ELEMENTAL (6 horas)
B1-3. Estados de agregación. (2 horas)
Gases perfectos.
Gases reais.
Ecuación de estado.
Forzas intermoleculares.
Características dos líquidos. Tensión superficial e viscosidade.
Cambios de estado: Fusión, evaporación e sublimación.
Disolucións: Mecanismo, clasificación e propiedades coligativas.
Solubilidade de gases en líquidos. Mesturas coloidais.
Tipos de sólidos.
Puntos de fusión, diagramas de fases. Outras propiedades mecánicas.
Propiedades eléctricas: condutores, illantes e semiconductores. Propiedades magnéticas.
BLOQUE 2 (B2): Reaccións e procesos Químicos. (17 horas)
B2-1 Reaccións Químicas.(12 horas)
Aspectos estequiométricos.
Aspectos enerxéticos: termoquímica.
Aspectos cinéticos.
Introdución ao equilibrio químico.
Reaccións acedo-base e pH
Equilibrio de solubilidade.
BLOQUE 2 (B2): Reaccións e procesos Químicos. (17 horas)
B2-2 Reaccións Químicas.(5 horas)
Reaccións redox.
Pilas e potencial.
Corrosión e tratamentos superficiais.
Sensores electroquímicos
BLOQUE 3 (B3) Introducción a Química Industrial. (1 hora)
B3-1 Introducción a Enxeñería Química.(0.5 hora)
Conceptos básicos de Enxeñería Química
Instrumentación e análise na Enxeñería Química
BLOQUE 3 (B3) Introdución á Química Industrial. (1 hora)
B3-2 Industria Química. Química Inorgánica e Química Orgánica.(0.5 hora)
Principios Básicos de Química Orgánica e Inorgánica.
Petróleo e derivados: Petroquímica
O Carbón: Carboquímica
PRÁCTICAS DE LABORATORIO. (2 horas)
PL1: Coñecemento do material de laboratorio e das normas de seguridade. Preparación de disolucións
Esta primeira práctica ten como obxectivo que o alumno coñeza e recoñeza o material de uso habitual nun laboratorio de química, así como que aprenda as normas de seguridade que lle permitan traballar no laboratorio co mínimo risco posible.
O alumno preparará diferentes disolucións co fin de familiarizarse co material de laboratorio e coas técnicas experimentais aplicadas. Así mesmo, preténdese que o alumno adquira certa habilidade cos cálculos matemáticos precisos.
PRÁCTICAS DE LABORATORIO (2 horas)
PL2: Volumetría ácido-base: Curva de valoración
As volumetrías acedo-base son de gran utilidade para determinar, con exactitude, a concentración dunha disolución aceda/básica por adición dunha base ou dun acedo de concentración coñecida. Concretamente realizarase a valoración dunha base forte cun acedo forte, para a cal se irán engadindo diferentes cantidades de acedo e medindo o pH da disolución resultante. Desta forma obterase a correspondente “curva de valoración” e extraeranse as conclusións pertinentes.
PRÁCTICAS DE LABORATORIO (2 horas)
PL3: Separación dun produto por filtración a baleiro
Aproveitando a diferente solubilidade das especies obtidas por reacción química entre dúas sales solubles, procédese á separación daquelas mediante a técnica da filtración a baleiro. Desta forma o alumno familiarizarase, non só con esta técnica, senón tamén coa de secado, pois unha vez illado o precipitado deberá secalo e obter a correspondente curva de secado.
PRÁCTICAS DE LABORATORIO (2 horas)
PL4: Equilibrio químico: Principio de Le Chatelier
Estudaranse dúas reaccións reversibles que presentan como vantaxe a gran facilidade con que se detecta a presenza de reactivos e de produtos, motivada por cambios de cor ou pola aparición dun precipitado.
PRÁCTICAS DE LABORATORIO (2 horas)
PL: Redox e procesos Electroquímicos: Electrolise
Coa finalidade de que o alumno se familiarice cos cambios químicos inducidos pola corrente eléctrica e coas relacións cuantitativas implicadas, este realizará as seguintes experiencias: Electrolise do CuSO4(ac) acuoso e electrolise do NaCl(ac).
Outras Posibles prácticas
Establecemento da estequiometría dunha reacción química
Esta práctica ten como obxectivo establecer a estequiometría dunha reacción química aplicando o método das variacións continuas, consistente en medir unha propiedade
Cinética química.
O alumno determinará experimentalmente a ecuación de velocidade dunha reacción sinxela, e comprobará a influencia da concentración e da temperatura sobre a velocidade de reacción.
Destilación
O obxectivo desta práctica é a separación dos compoñentes dunha mestura líquida aproveitando o diferente punto de ebulición dos mesmos. Esta práctica suporá a primeira toma de contacto do alumno cunha das operacións básicas de maior importancia industrial.
Carboquímica: Determinación da riqueza dun carbón
A finalidade desta práctica é determinar a riqueza dunha mostra de carbón comercial, someténdoa a unha reacción de combustión. A partir da masa das cinzas e mediante un sinxelo cálculo estequiométrico avalíase a cantidade de impurezas existentes na mostra inicial e, consecuentemente, a súa riqueza.
Webquest *Instrumentación e análise en Enxeñeira Química
ACTIVIDADES DE SEMINARIO (1 hora cada un).
A planificación dos seminarios farase corresponder co desenvolvemento da teoría e as clases de laboratorio.
S1 Teoría atómica e enlaces
S2. Estados de agregación
S3. Termoquímica
S4. Acedo-base
S5. Solubilidade
S6. Redox
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000