Educational guide 2020_21
Centro Universitario da Defensa na Escola Naval Militar de Marín (Pontevedra)
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Informática: Informática para a enxeñaría
   Contidos
Tema Subtema
NOTA INFORMATIVA Debido a circunstancias sobrevindas no curso 2020-2021 (atraso na data de incorporación dos alumnos de novo ingreso e necesidade de destinar tres semanas a un curso cero de nivelación de coñecementos matemático-físicos que permita iniciar o curso con garantías), programarase o 85% das 150 horas correspondentes a unha materia de 6 ECTS: 128 horas.
Conceptos e técnicas básicas de programación aplicada á enxeñaría
Obxectivos e desenvolvemento:
Este tema ten como obxectivo estudar os conceptos e técnicas básicas de programación e algoritmia, así como as metodoloxías de programación modular e estruturada.

Índice do tema:
Introdución á programación.
Metodoloxías de programación.
- Programación modular.
- Programación estruturada.
Algoritmos e a súa descrición
Linguaxes de programación.
Fases no desenvolvemento dun programa.
Conclusións.
Introdución á programación en C Obxectivos e desenvolvemento:
Unha vez o alumno asimilou os conceptos básicos de programación, introdúcese a linguaxe de programación C. A maior parte desta unidade temática abordarase nas clases prácticas da materia.

Índice do tema:
Tipos de datos
- Variables.
- Expresións.
- Operadores.
Estrutura dun programa en C.
- Estilo na programación.
- Instrucións elementais.
- A estrutura secuencial.
A estrutura condicional.
- Estrutura condicional simple.
- Estrutura multicondicional.
A estrutura de repetición.
- Estruturas repetitivas controladas por condición.
- Estruturas repetitivas controladas por contador.
Cadeas e matrices.
- Cadeas de caracteres.
- Vectores e matrices.
Programación estruturada. Módulos e subrutinas.
- Definición de funcións. Paso de parámetros.
- Paso de parámetros por valor e por referencia.
Ficheiros.
- Entradas e saídas con formato.
- Manipulación de ficheiros.
Conclusións.
Fundamentos de sistemas operativos: concepto, evolución e estrutura Obxectivos e desenvolvemento:
Este tema ten como obxectivo por unha banda establecer o concepto de sistema operativo, as súas funcións e os seus obxectivos, e doutra banda, presentar a súa estrutura e compoñentes principais para proporcionar ao alumno unha visión xeral.

Índice do tema:
Concepto de sistema operativo.
Historia e evolución dos sistemas operativos: tipos de sistemas.
Compoñentes e servizos do sistema operativo.
Estrutura do sistema operativo.
Conclusións.

Arquitectura básica do computador Obxectivos e desenvolvemento:
Este tema ten como obxectivo presentar a estrutura e compoñentes principais dun computador para proporcionar ao alumno unha visión xeral do seu funcionamento.

Índice do tema:
Historia e evolución dos computadores.
Arquitectura básica dun computador.
Compoñentes principais.
Conclusións.
Práctica 0: Introdución á contorna das prácticas. Obxectivos e desenvolvemento:
Na primeira sesión de laboratorio o alumno familiarizarase coas ferramentas a utilizar durante o curso: o sistema operativo Linux, o intérprete de comandos, o compilador gcc e diferentes editores de texto emacs, vi, nano, gedit, etc.
Práctica 1: Variables. Entrada e saída de datos. Obxectivos e desenvolvemento:
O obxectivo fundamental desta práctica é que o alumno coñeza os diferentes tipos de datos existentes, e que comprenda que funcións permiten realizar a entrada de datos por teclado e a saída por pantalla.
Práctica 2: Diagramas de fluxo. Obxectivos e desenvolvemento:
O obxectivo fundamental desta práctica é que o alumno aprenda a desenvolver diagramas de fluxo na fase de deseño dun programa.
Práctica 3: Estruturas selectivas e repetitivas. Obxectivos e desenvolvemento:
O obxectivo fundamental desta práctica é que o alumno comprenda o funcionamento das estruturas selectivas if-else y switch así como o das estruturas repetitivas for, while e do-while.
Práctica 4: Manipulación de cadeas e matrices. Obxectivos e desenvolvemento:
O obxectivo fundamental desta práctica é que o alumno comprenda o funcionamento dos mecanismos de manipulación de cadeas e matrices na linguaxe C.
Práctica 5: Manipulación de ficheiros. Obxectivos e desenvolvemento:
O obxectivo principal desta práctica é a familiarización cos ficheiros de datos. O alumno debe deseñar e implementar a solución a un problema de acceso a un ficheiro de texto para ler e/ou escribir datos, sendo tamén obxectivo que o alumno entenda o funcionamento das chamadas ao sistema necesarias.
Práctica 6: Proxecto de programación. Obxectivos e desenvolvemento:
Esta práctica consiste na resolución dun problema máis complexo, exposto de maneira que a súa realización necesite do traballo cooperativo de dous alumnos (ou tres alumnos, excepcionalmente).
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000