Educational guide 2020_21
Centro Universitario da Defensa na Escola Naval Militar de Marín (Pontevedra)
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Informática: Informática para a enxeñaría
   Plan de Continxencias
 
Descrición
No caso de que a situación ocasionada polo COVID-19 implique a suspensión da actividade presencial, teranse que ter en conta os seguintes aspectos.

ADAPTACIÓN DOS CONTIDOS

Non se considera necesario modificar os contidos teóricos da materia, dado que as clases teóricas e de seminario poderíanse levar a cabo mediante medios telemáticos de forma similar á presencial.

No caso das prácticas da materia, estas adaptaríanse en tempo e complexidade á situación de non presencialidade para poder realizarse a través de plataformas de teledocencia, de forma similar á presencial.

A máquina virtual, que se lle facilita ao alumno con carácter habitual, permitirá o traballo autónomo do alumno, especialmente no proxecto de programación, e na realización das prácticas a distancia.

ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS DOCENTES

Incluirase a seguinte metodoloxía docente:

Sesión maxistral e/ou sesión práctica virtual síncrona: Impártese a través dunha plataforma de videoconferencia web. Cada aula virtual contén diversos paneis de visualización e compoñentes, cuxo deseño se pode personalizar para que se adapte mellor ás necesidades da clase. Na aula virtual, os profesores (e aqueles participantes autorizados) poden compartir a pantalla ou arquivos do seu equipo, empregar un taboleiro, chatear, transmitir audio e vídeo ou participar en actividades en liña interactivas (enquisas, preguntas, etc.).

Así, as clases teóricas e de seminario levarán a cabo mediante videoconferencia participativa. Para as sesións de prácticas farase uso da mesma plataforma con axuda da máquina virtual distribuída aos alumnos.

ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN

Non se considera necesario modificar o sistema de avaliación pero si o seu formato, pois se realizaría a distancia por medios telemáticos combinando a plataforma de teledocencia FAITIC-Moodle e o Campus Remoto da Universidade de Vigo.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000