Educational guide 2020_21
Centro Universitario da Defensa na Escola Naval Militar de Marín (Pontevedra)
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Física: Física II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Probas de avaliación continua (P1 e P2): Realizaranse ao longo do cuadrimestre. As probas realizaranse nas clases teóricas a proposta dos profesores. A realización da proba será obrigatoria e esixible para superar a materia. 30 B3
C2
D2
D9
D10
Prácticas de laboratorio Avaliación de prácticas de laboratorio (EP): Ao longo do cuadrimestre, en determinadas sesións de prácticas exporanse problemas ou exercicios para a súa resolución polos alumnos (de modo individual ou en grupo) e posterior entrega ao profesor, que os avaliará de acordo cos criterios que con anterioridade se comunicaron aos alumnos. As memorias non entregadas contarán cun cero para facer media. A nota desta compoñente será a media das notas de todas as memorias. Algunhas prácticas avaliaranse mediante a realización de pequenos cuestionarios avaliables relacionados co traballo realizado durante a práctica e a súa posterior análise. 15 B3
C2
D2
D9
D10
Seminario Actividades complementarias: durante o transcurso da asignatura proporanse actividades (problemas, traballos complementarios ...) co obxectivo de que os alumnos os resolvan de forma autónoma e os expoña na aula. Valoraranse tanto a resolución como a explicación do proceso resolutivo ademais das capacidades de expresión oral, comprensión e exposición en público. 15 B3
C2
D2
D9
D10
Exame de preguntas de desenvolvemento Exame final de avaliación continua (PF): Realizarase un exame final que abarcará a totalidade dos contidos da materia, tanto teóricos como prácticos. Esíxese alcanzar unha cualificación mínima de 4 puntos sobre 10 posibles para poder optar ao aprobado por avaliación continua. 40 B3
C2
D2
D9
D10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación final do alumno atenderá á suma da puntuación outorgada a cada unha das partes antes comentadas, sendo a súa nota de avaluación continua (NEC):

NEC = 0.15·P1 + 0.15·P2 + 0.15·EP + 0.15·AC + 0.40·PF

Ademais, debido a que a materia está dividida en dous grandes bloques temáticos ben diferenciados (electromagnetismo e termodinámica), esixirase unha nota mínima de 4 en cada un dos bloques para poder facer media. A porcentaxe correspondente a cada bloque nos exámenes ordinario e extraordinario virá determinada pola proporción de horas de teoría impartidas en cada bloque. Por este motivo, o bloque de electromagnetismo suporá un 78% da nota final e o bloque de termodinámica suporá o 22% restante.

Por tanto, esixiranse uns requisitos mínimos e condicións nalgúns dos apartados que garantan o equilibrio entre todos os tipos de competencias.

O alumno deberá presentarse ao exame ordinario de todos os contidos da materia, que suponá o 100% da nota, nos seguintes supostos:

A.    Non alcanzar a nota mínima establecida en cada un dos bloques ou na proba final de avaliación continua.

B.    Obter unha nota inferior a 5 puntos sobre 10 na nota de avaluación continua. (NEC inferior a 5).

A calificación da avaliación continua do alumno que incumpra o suposto A, será o mínimo entre NEC e 4 puntos.

Unha vez finalizado o segundo cuadrimestre, organizarase un curso intensivo de 10 horas de duración para preparar o exame extraordinario.

A continuación, detállanse as medidas a adoptar se se detéctase fraude académico nalgunha das probas avaliables.

- Avaluación continua

  • Durante o proceso de avaluación continua, se se detéctase fraude académico nalgunha das probas avaliables, tanto de teoría como de laboratorio, este feito suporá para todos os implicados unha calificación de 0 na devandita proba.
  • No caso de que o feito se produza durante a realización do exame final de avaluación continua, iso suporá para todos os implicados a calificación de 0 na convocatoria en vigor, debendo presentarse obrigatoriamente ao exame extraordinario para superar a materia.

- Exámenes ordinario e extraordinario 

  • No caso de que o feito se produza durante a realización dos exámenes ordinario ou extraordinario, iso suporá para todos os implicados a calificación de 0 na convocatoria en vigor.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000