Educational guide 2020_21
Centro Universitario da Defensa na Escola Naval Militar de Marín (Pontevedra)
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Física: Física I
   Plan de Continxencias
 
Descrición
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada polo COVID-19, a Universidade de Vigo establece unha planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determine atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou parcialmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun modo máis áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes.

A continuación, reflíctense os apartados da presente guía docente que sufrirán modificación no caso ter que abordar a docencia en modalidade virtual:

6.3 Programación: créditos prácticos
As prácticas de Física I poden adaptarse facilmente para a súa realización fóra dun laboratorio pola súa orientación a aspectos físicos próximos á experiencia diaria (movemento, oscilacións, rotacións dos corpos...). É por iso que para cada práctica (aquelas que non estean orientadas á resolución de exercicios), no caso de que o alumno deba realizala pola súa conta, o profesor facilitará unha guía específica para orientar ao alumno para que sexa capaz de alcanzar os obxectivos de cada sesión. As instrucións non serán pechadas para estimular a creatividade do alumno na procura de solucións prácticas.
Práctica 1. Medida e cálculo de erros
Modalidade non presencial: O alumno realizarán unha práctica similar por conta propia e coa guía do profesor con materiais que teña en casa.
Práctica 2. Cinemática. Tiro parabólico
Modalidade non presencial: O alumno realizarán unha práctica similar por conta propia e coa guía do profesor con materiais que teña en casa e con software libre para analizar os datos.
Prácticas 4. Dinámica do sólido ríxido
Modalidade non presencial: O alumno realizarán unha práctica similar por conta propia e coa guía do profesor con materiais que teña en casa.

8. METODOLOXÍA DOCENTE
Engádese unha nova metodoloxía docente:
Sesión maxistral e/ou sesión práctica virtual síncrona: impártese a través dunha plataforma de videoconferencia web. Cada aula virtual contén diversos paneis de visualización e compoñentes, cuxo deseño se pode personalizar para que se adapte mellor ás necesidades da clase. Na aula virtual, os profesores (e aqueles participantes autorizados) poden compartir a pantalla ou arquivos do seu equipo, empregar unha lousa, chatear, transmitir audio e vídeo ou participar en actividades en liña interactivas (enquisas, preguntas, etc.).

10. AVALIACIÓN
As probas de avaliación realizaranse, en caso de paso a docencia virtual, combinando a plataforma de teledocencia FAITIC-Moodle e o Campus Remoto da Universidade de Vigo.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000