2. CALENDARIO ACADÉMICO curso 2011-2012 (Aprobado no Consello de Goberno do día 15/04/2011 ) 1.- O curso académico comprenderá do xoves día 1 de setembro de 2011 ao martes 31 de xullo de 2012 organizado en dous períodos académicos. O mes de agosto non será lectivo. 2.- As actividades académicas comezarán e rematarán nas datas seguintes: Primeiro período inicio: luns, 5 de setembro de 2011. (18 semanas, excluídas 2 nadal , 85 días hábiles, excluídos sábados) remate: sábado, 21 de xaneiro de 2012. Segundo período inicio: luns, 23 de xaneiro de 2012. (18 semanas, excluída Sem. Santa, 85 días hábiles, excluídos sábados) remate: sábado, 2 de xuño de 2012.
3.- Cando estea previsto a realización de probas de avaliación os/as estudantes en cada curso académico terán dereito a dúas oportunidades quedando o calendario recomendado de probas de avaliación organizado en tres períodos:
4. As datas para a realización dos exames da convocatoria “de fin de carreira” serán entre os días 28 de novembro e o 3 de decembro de 2011, sen que se suspenda a docencia. A data límite de rexistro das cualificacións en xescampus e de entrega de actas será o día 22 de decembro de 2011.Se concorren circunstancias excepcionais, os centros, previa autorización da xunta do centro, poderán solicitar á Secretaría Xeral o cambio de datas desta convocatoria.
5.- A docenciainterromperase dende o venres día 23 de decembro de 2011 ata o sábado, día 7 de xaneiro de 2012 (ambos os dous incluídos), o luns día 20 de febreiro e o martes día 21 de febreiro, e dende o luns día 2 de abrilao sábado día 7 de abril de 2012 (ambos os dous incluídos). 6.- Terá carácter festivo o venres día 27 de xaneiro de 2012 (traslado da celebración do patrón da Universidade). Posuirán o mesmo carácter os días das festas oficiais do Estado, da Comunidade Autónoma e, en cada Campus, os días das festas locais. 7.- Así mesmo, en cada Centro terán carácter festivo a data da festa do Centro. Todas as que non coincidan en luns ou venres, pasaranse a eses días.
1. O calendario para titulacións de posgrao coincidirá co anterior, agás na data de inicio da actividade académica que será o dia 13 de septembro 2. Para as titulacións que se extinguen, os centros poderán optar en realizar os exames da actual convocatoria de decembro entre: - nas datas de exames de primeiro e segundo período. - os días 28 de novembro e o día 3 de decembro de 2011, debendo decidir o propio centro se suspende ou non as clases. A data límite de rexistro das cualificacións en xescampus e de entrega de actas será o día 22 de decembro de 2011. |
Universidade de Vigo | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 |